_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
A rapazada do Campamento Urbano de Verán interactúa cos maiores da residencia Divina Pastora

Os nenos e nenas que participan no Campamento urbano de Verán da Concellería de Xuventude desenvolverán nos vindeiros días dúas actividades interxeracionais cos maiores da residencia Divina Pastora. Dende o ano pasado, a ludoteca municipal inclúe no seu programa actividades para interactuar coas persoas maiores, de xeito que estes melloren o seu plano emocional contaxiados da alegría e vitalidade dos nenos e os cativos se fagan unha idea máis positiva e menos estereotipada das persoas maiores.
22.08.2018.- A primeira actividade interxeracional terá lugar mañá na propia residencia. Será a Resi Olimpíada, a segunda edición dos xogos populares nos que participan equipos mixtos formados por cativos e maiores. Esta será a segunda edición das resi Olimpíadas que o ano pasado tiveron gran éxito e no que os equipos realizarán un circuíto de xogos como: bolos, canastra…etc. Nesta ocasión tamén se entregarán medallas, feitas con anterioridade polas nenas e nenos.

A segunda das actividades será un obradoiro no que, coa axuda dos máis cativos e cativas, os avós e avoas farán unha sinxela manualidade. Terá lugar o vindeiro mércores 29 de agosto, tamén no centro Divina Pastora.

Os monitores do Campamento Urbano de Verán sinalan que estas actividades interxeracionais son moi ben acollidas tanto polos nenos e nenas como polos maiores e teñen aspectos moi positivos en ambos colectivos, xa que os avós e avoas melloran no plano emocional: maior vitalidade, autoestima e habilidades sociais…, e á súa vez, os cativos fórmanse unha idea máis positiva e non estereotipada das persoas maiores, valorándoos como fonte de experiencia, de sabiduría, e mellorando tamén así as súas habilidades sociais.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -