_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O obradoiro de emprego Labora Xove 18 formará a 16 persoas en atención ao consumidor e socorrismo

O Concello de Vilagarcía desenvolverá este ano unha nova edición do Obradoiro de Emprego Labora Xove, dirixido a mozos e mozas desempregados de 18 ou máis anos. A través deste programa de formación e aprendizaxe aprobado pola Xunta de Galicia, o Concello formará a 16 persoas nas modalidades de “Socorrismo en espazos acuáticos” e en “Atención ao cliente, consumidor ou usuario” co obxectivo de facilitar a súa inserción laboral a través de profesións con demanda no mercado de traballo. O Concello porá en marcha nos vindeiros días o mecanismo para a selección do alumnado e do profesorado do obradoiro que terá unha duración de 6 meses e que deberá estar en marcha antes do 30 de setembro.
20.08.2018.- Os interesados en participar no Labora Xove 18, tanto como alumnos como persoal docente, deberán estar inscritos como demandantes de Emprego nas listas do Servizo Público de Emprego (antigo INEM). Para participar na selección deberán cumprir o perfil e os requisitos indicados na Orde da Consellería.

Os proxectos terán unha duración de seis meses, así como unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, e a súa finalidade é a obtención por parte dos alumnos dos correspondentes certificados de profesionalidade. Durante esta etapa os alumnos e alumnas percibirán as retribucións salariais que lle correspondan de conformidade co previsto na normativa aplicable e nesta orde.

Na fase de aprendizaxe, o alumnado de ámbalas dúas especialidades realizará traballos ou servizos de interese social ou comunitario para o Concello.No caso da especialidade de Socorrismo en espazos acuáticos, realizarán asistencia operativa ao Servizos Municipal de Emerxencias e á Fundación Municipal de Deportes nas actividades de socorrismo nos espazos naturais e nas instalacións acuáticas de titularidade municipal. O alumnado do módulo de Atención ao cliente, consumidor ou usuario, as prácticas realizaranse nas diversas oficinas de información, consumo e atención que dispón o Concello prestando servizos de información, asesoramento e axuda en trámites de reclamación.

O proxecto Labora Xove 18 foi deseñado pola Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Juan Antonio Pérez Callón. O custe da iniciativa supera os 179.000 euros para cuxo financiamento o Concello dispón dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria por importe de 154.262,40 euros aos que a administración local sumará os 25.000 euros restantes.

Consulta aquí os requisitos formativos:

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -