_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O lixo retirado tras o día de San Roque elevouse ás 39 toneladas cunha mellora da recollida selectiva

O operativo especial de limpeza deseñado polo Concello con motivo das celebracións de San Roque e a Festa da Auga pechouse este ano cunhas 39 toneladas de lixo retiradas das rúas e espazos públicos do centro da cidade. A cantidade é lixeiramente superior á do ano anterior (cando non se contabilizara o lixo do contedor amarelo), pero hai que incidir na mellora do sistema de separación de residuos e reciclaxe levado a cabo este ano. De feito, para a retirada a man do lixo acumulado tras as celebracións nocturnas polas zonas de praias, parques e peirao traballou unha brigada dedicada específicamente á recollida de vidro e outra a envases de plástico e briks.
17.08.2018.- O operativo especial de limpeza do día de San Roque iniciouse a noite do día 15 e rematou o 16 pola tarde. Nestas case 24 horas a cantidade de residuos ordinarios recollidos dos contedores da cidade e retirados a man polas brigadas disposta polo Concello e Cespa sumaron 29.500 quilos, aos que se sumaron uns 5.500 quilos de envases de plástico e PVC e outros 4.000 de vidro. A cantidade de vidro foi similar á do ano anterior, incrementándose a de residuos do contedor amarelo.

En canto ao operativo especial de limpeza disposto polo Concello no que participaron 75 persoas entre persoal municipal e de Cespa, o concelleiro de Obras e Servizos sinalou que se desenvolveu con normalidade e eficacia. De feito os traballos avanzaron con rapidez, sobre todo a batida de primeira hora da mañá, e pese a que este ano tamén se entrou a recoller na zona portuaria do Peirao de Pasaxeiros.

Unha das diferenzas respecto a anos anteriores foi que notouse un importante descenso do lixo na TIR, praias e zonas portuarias, mentres que se recolleu máis do que viña sendo habitual nas rúas do centro e nas das zonas de bares. Tamén destacou que este ano había máis lixo depositado nos contedores das zonas de praias e parques “hábito que mostra unha maior conciencia cívica e que esperemos que siga medrando en beneficio de todos, xa que non custa nada tirar o lixo ao contedor, en lugar de deixalo torado no chan, e podemos pasalo igual de ben”.

O edil responsable de Limpeza agradeceu aos traballadores municipais e de Cespa o inmenso esforzo que tiveron que facer e o excelente traballo realizado para que as rúas e espazos públicos de Vilagarcía presentasen a súa mellora cara coa maior brevidade para que veciños e visitantes puideran continuar gozando da cidade e das festas nas mellores condicións. Ademais, incidiu en que este esforzo continuará nos vindeiros días, posto que a cidade segue acollendo eventos multitudinarios como o mercadiño do sábado, o Combate Naval, o Festival das Revenidas, a Festa da Ameixa e o desfile de Carrozas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -