_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello contrata un estudio topográfico para as obras de accesibilidade no cemiterio municipal

O Concello de Vilagarcia segue avanzando os trámites previos necesarios para acometer a mellora da accesibilidade no Cemiterio Municipal de Rubiáns. Para poder concretar o proxecto que se está redactando, a administración local encargou a realización do levantamento topográfico do camposanto, medicións necesarias para concretar as actuacións a levar a cabo, tanto en materia de mobilidade como de recollida de pluviais.
08.08.2018.- A realización do estudio planimétrico e de altimetrías contratouse á empresa Oftefor CD por 907 euros e o proxecto redáctao o estudo Arquitectura Obradoiro Aberto SLP. O obxecto das obras será principalmente mellorar a accesibilidade do camposanto con actuacións como a construción de ramplas e acondicionamento do chan para mellorar a accesibilidade e tránsito das persoas que visitan as instalacións. Neste último punto tamén se pretende corrixir o problema de acumulación de augas que se da en algunhas zonas do cemiterio, polo que se incluirán medidas que melloren o drenaxe do chan. Ademais, neste mesmo proxecto estableceranse obras de mellora do sistema de recollida pluviais das partes superiores das liñas de nichos.

Unha vez rematado o proxecto, o Concello terá que remitilo a Patrimonio da Xunta de Galicia para que autorice a actuación. Mentres o organismo autonómico non resolve este aspecto, e unha vez se coñeza o importe económico das obras, o goberno local concretará as posibles liñas de financiamento que, dependendo da suma, poderá ser mediante fondos propios ou a través de liñas de subvencións doutras administracións.

A mellora da accesibilidade non é a única actuación que o Concello pretende levar a cabo no Cemiterio Municipal de Rubiáns. Tamén está previsto o arranxo da cuberta da capela que actualmente rexistra filtracións.
Ademais, cómpre salientar que hai apenas unas semanas o Concello rematou a construción dunha nova liña de nichos cunha capacidade de 80 prazas e que supuxo un investimento de case 50.000 euros.




4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -