_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno socialista plantea a revisión de taxas para 2019 coa cuarta baixada do IBI e máis bonificacións ao emprego

O goberno local de Vilagarcía inicia este martes as conversas coa oposición para proceder á actualización das ordenanzas municipais a aplicar en 2019. O grupo de traballo integrado por representantes de todos os grupos da Corporación manterá o martes pola mañá a primeira reunión que o executivo socialista abordará coas liñas xenéricas dunha nova baixada do tipo de gravame do IBI (sería a cuarta no que vai de mandato), a creación de novas bonificacións tendentes a promover a creación de emprego e a ampliación dalgunhas das existentes para que máis contribuíntes se poidan beneficiar delas.
04.08.2018.- O goberno decidiu este ano adiantar as reunión do grupo de traballo de revisión de taxas co obxecto de que todos os grupos teñan máis tempo para elaborar as súas propostas, de xeito que a actualización das ordenanzas fiscais poidan aprobarse no Pleno co tempo suficiente para que, tras a súa publicación no BOP, entren en vigor o 1 de xaneiro de 2019. Ademais, a aprobación das ordenanzas é un paso imprescindible para poder comezar a redactar os presupostos municipais para 2018, xa que é unha premisa imprescindible poder calcular coa maior exactitude os ingresos dos que disporá o Concello pola recadación de taxas e impostos e a aplicación das bonificacións.

A proposta que a voceira do goberno, Tania García, e a concelleira de Facenda, Luz Abalo, presentarán á oposición o martes sitúase na liña seguida nos tres últimos anos polo grupo socialista; tratar de contrarrestar o impacto negativo que supuxo o catastrazo posto en marcha polo PP en 2013, reducir a presión fiscal dos vilagarciáns mediante a conxelación xeneral das demais taxas, crear bonificacións para axudar as persoas e familias con menor poder adquisitivo e máis castigadas pola crise. Nesta ocasión -e como acompañamento ás axudas á creación de empresas e ao fomento da contratación e consolidación de emprego xa en marcha- o goberno de Varela tamén proporá bonificacións fiscais a negocios e empresas, tendentes á facilitar a creación de postos de traballo.

Para concretar a baixada proposta para 2019 polos socialistas no recibo da contribución, haberá que esperar a que os servizos técnicos do Concello rematen os cálculos das contas, posto que a medida ten que ser perfectamente asumible polas arcas locais e respectar o principio de equilibrio presupostario que garante a bosa saúde económica do Concello.

O tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) urbano situábase no 0,60 cando os socialistas accederon ao goberno de Vilagarcía en 2015. Dada a grave repercusión que supuxo para os veciños da cidade a revisión catastral promovida polo goberno do PP en 2013, o actual goberno puxo en marcha unha diminución progresiva do gravame co obxectivo establecido no programa electoral de deixalo no 0,54 ao final do mandato. Esta meta superouse xa o ano pasado, cando se aprobou reducir o tipo ata o 0,53, porcentaxe que aínda poderá descender máis coa proposta para 2019.

A maiores, e dentro das medidas sociais levadas a cabo polo goberno que preside Alberto Varela, o Concello aprobou en 2016 a creación da bolsa de axudas para o pago do IBI destinado aos colectivos máis vulnerables. O primeiro ano dispuxéronse 80.000 euros de fondo para estas axudas que o ano pasado se elevaron a 90.000. A medida, que se articulou como unha axuda de emerxencia a través do Regulamento de Axudas de Inserción Social, está a disposición dos usuarios de forma permanente, non sendo preciso facer convocatorias anuais nin existe prazo concreto de solicitude. Poden solicitarse en calquera momento do ano.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -