_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Subdelegación do Goberno prioriza a seguridade da Festa da Auga

Garantir a seguridade e o normal desenvolvemento da Festa da Auga durante a noite previa e na propia celebración é a “absoluta prioridade da Subdelegación do Goberno en Pontevedra”. Así o manifestou a nova responsable do organismo estatal, Maica Larriba tras a Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá no Concello co obxecto de analizar o plan de seguridade e coordinar os medios dos distintos servizos e Forzas de Seguridade que participarán no dispositivo.
02.08.2018.- A subdelegada do goberno apuntou que enviará a Vilagarcía “todos os efectivos dispoñibles”, tendo en conta que se trata dunhas datas moi sensibles xa que na provincia celébranse outros moitos eventos multitudinarios, como as festas de San Roque de Vigo “aínda que a prioridade tena Vilagarcía polas características desta celebración”. A Subdelegación reforzará a plantilla da Comisaría de Policía con efectivos doutras localidades pontevedresas, o mesmo que acontecerá co persoal da Garda Civil de Tráfico.

Larriba salientou como moi positivo que as cifras de incidencias e de accidentes de tráfico durante a Festa da Auga estean a seguir unha tendencia á baixa nos últimos anos “o que non quere dicir que haxa que relaxar as labores de prevención e control”. De ai que estea previsto reforzar ambos aspectos.

Ademais de analizar o plan de seguridade deseñado polo Concello e que reforzará a Subdelegación, na Xunta Local de Seguridade tamén se aboru a posibilidade que de finalmente chegue a celebrarse a macrofesta privada na explanada TIR. Nese caso, e en vista do acontecido o ano pasado, a subdelegada anunciou que se extremarán os controis para garantir que non se produce venta nin consumo de alcohol por parte de menores.

O alcalde, Alberto Varela, fixo un chamamento á responsabilidade cidadá e pediu un comportamento cívico a todas as persoas que participen na previa á Festa da Auga e tamén na tradicional festa popular que comeza ás 12 da mañá, unha vez rematado o traslado do santo á capela. “Todo o mundo pode pasalo moi ben nesta celebración sen causar danos no mobiliario urbano, coidando as zonas verdes e usando as papeleiras e contedores para botar o lixo”. Ademais, lembrou que este ano o Concello habilita un Punto Lila para combater os comportamentos e agresións machistas durante a festa. “O ideal sería que non fixera falta este tipo de medidas e que tampouco fora necesario usar o Punto, pero imos ir avanzando en prevención e si é necesario, tamén en atención ás vítimas”, engadiu o rexedor.

Varela tamén agradeceu a excelente disposición da nova subdelegada do Goberno a vir a Vilagarcía a realizar a reunión, “todo o contrario que os seus antecesores”, e o interese demostrado polos asuntos desta cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -