CONCELLO
O Concello prevén actitudes machistas en San Roque cunha campaña informativa e un Punto Lila na Festa da Auga O Concello de Vilagarcía habilitará un Punto Lila contra a violencia machista durante a noite previa á Festa da AUGA. Trátase dun servizo de información, asesoramento a atención a posibles vítimas de agresións machistas que se instalará na Praza da II República e que funcionará entre as 22 horas do 15 de agosto e as 10 horas do día 16. Persoal formado na materia atenderá o Punto Lila que se poderá localizar grazas a un globo de grandes dimensións que se elevará uns 12 metros e que se iluminará pola noite para facilitar a súa visibilización dende diversos puntos da cidade.
02.08.2018.- A Concellería de Igualdade que dirixe Tania García é a encargada da posta en marcha e coordinación deste Punto Limpo que atende a unha recomendación realizada dende a Subdelegación do Goberno de Pontevedra. Precisamente este asunto abordouse na Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá en Vilagarcía co obxectivo de coordinar o dispositivo de seguridade a desenvolver con motivo da Festa das Auga e as celebracións previas.
García Sanmartín explicou que as iniciativas que pon en marcha o Concello para previr comportamentos e agresións machistas durante as festas van máis alá do Punto Lila. De feito, está a piques de lanzarse unha campaña informativa e de sensibilización, destianda a a homes e mulleres, que comezará o día 11 de agosto co reparto de folletos informativos e material promocional que tamén se divulgará a través das redes sociais. Ademais, colocaranse paneis polas rúas da cidade con este mesmo obxecto.
En canto ao Punto Lila, serán técnicos en Igualdade da asociación feminista O Sonho de LIlith os que se encarguen do reparto de folletos, de ofrecer información e, de ser o caso, de atender, asesorar e realizar labores de acompañamento a posibles vítimas de actitudes ou agresións machistas. O Punto Lila estará coordinado tamén coas policías LocaL e Nacional.