_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A organización da festa H2O solicitou permiso o 24 de xullo, polo que aínda está en estudo por parte polos técnicos

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, manifestou que a organización da macrofesta H2O non ten nin a máis mínima razón para responsabilizar ao Concello da suspensión do evento. O rexedor lembra que o Concello non denegou o permiso, pola simple razón de que non dou tempo a realizar os informes dado que os organizadores da festa presentaron a solicitude o pasado martes, 24 de xullo, anunciando onte que a suspendía, só catro días hábiles despois (houbo un festivo e a fin de semana). “A decisión tómana eles e a responsabilidade é unicamente súa”, sentencia Varela.
01.08.2018.- O alcalde considera que as críticas contra o Concello vertidas pola organización son totalmente inxustas “supoño que tratan de que a xente pense que é culpa do Concello e non lles reclamen a eles, pero iso non é certo”. O rexedor lembra que esa macrofesta que se inicia o día 15 de agosto e se prolonga ata a tarde do 16 é unha actividade de promoción privada, na que o Concello non ten nada que ver e da que os organizadores sacan beneficio “todo o contrario que o Concello e a cidade, como xa se veu o ano pasado co problema do lixo”.

Varela Paz engadiu que “independentemente de que este tipo de celebración non encaixa no modelo de Festa da Auga que lle gusta a este goberno, nin a maioría dos vilagarciáns, a xulgar polos comentarios que me chegan persoalmente e que están saíndo en redes, como calquera iniciativa privada que pide permiso ao Concello, autorízase sempre que cumpra a lei e teña todo en regra”.

Por outro lado, o alcalde advertiu que a H2O pode danar á verdadeira e tradicional festa de Vilagarcía ao confundir á xente de fora que pode crer erroneamente que se suspende á Festa da Auga, algo que tamén prexudicaría á hostalería local.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -