_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
As comunidades xa poden solicitar as subvencións municipais para a protección dos montes

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe, 1 de agosto, as bases reguladoras das subvencións municipais para actuacións de prevención e defensa contra incendios forestais e protección dos montes do termo municipal de Vilagarcía. A liña de axudas está destinada a proxectos a desenvolver polas mancomunidades e comunidades de montes en man común do termo municipal ao longo do ano 2018. As axudas poden solicitarse telematicamente a partir de mañá, 2 de agosto, e os interesados dispoñen dun prazo de 20 días naturais para realizar o trámite. O Concello xa informou con anterioridade ás entidades de comuneiros para que foran adiantando a documentación. As bases e anexos de solicitude poden obterse no taboleiro de anuncios desta web.
Bases montes.pdf01.08.2018.- Estas axudas teñen como obxectivo financiar iniciativas que contribúan a mellorar a situación dos nosos montes en relación á prevención e loita contra os incendios forestais. As actuacións a subvencionar inclúen tratamentos silvícolas, rareos, eliminación de restos e creación de infraestruturas para combater os lumes, Así, por exemplo, financiaranse proxectos para creación de devesas, tratamentos axeitados da biomasa residual, limpeza e rozas das zonas de protección para liberar vexetación accesoria á masa principal e para rarear a masa arbórea. Tamén se concederán axudas para dotar aos montes de infraestruturas preventivas necesarias para unha efectiva actuación en caso de ter que combater lumes, tales como a construción de depósitos ou puntos de abastecemento de augas. De igual xeito, serán subvencionables intervencións de silvicultura preventiva.

As mancomunidades e comunidades de montes en man común poderán presentar proxectos individuais ou colectivamente con outras entidades. As axudas tramitaranse polo réxime de concorrencia non competitiva e financiaranse proxectos executados ao longo do ano 2018. Os importes das axudas son variables. Unhas calcúlanse en función de aspectos como a superficie que abarque a actuación proxectada, si é unha actuación a levar a cabo de forma manual ou mecanizada e tamén en función da capacidade do depósito de auga. Hai unha excepción, na que se poden financiar ata o 100% do custe do proxecto: a construción de puntos de captación de auga adaptados para vehículos contra incendios, para o cal se esixirá a aprobación preceptiva do SDCIF.

A creación desta liña de axudas para a conservación dos montes locais foi acordada entre o executivo socialista e o grupo municipal do BNG no marco da negociación dos orzamentos de 2107. O ano pasado concorreron e obtiveron financiamento as oito comunidades de montes existentes no municipio. Para esta segunda convocatoria, o goberno decidiu ampliar a partida ata os 85.000 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -