_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
As melloras do saneamento chegan a Veiga de Lamas onde tamén se amplía a rede de abastecemento

A Concellería de Obras e Servizos do Concello continua levando a cabo distintas obras de mellora e ampliación das redes municipais de saneamento e abastecemento de auga. Estes días estase a traballar na zona de Veiga de Lamas, en Carril, onde se está renovando parte da antiga rede de saneamento e se van a instalar un novo tramo da de abastecemento.
16.07.2018.- A mellora do saneamento afecta á zona comprendida entre a Rúa Ibérica e a vía do tren. Neste tramo, as actuais canalizacións son de fibrocemento e están moi deterioradas co que son frecuentes as avarías e roturas. Para solventar a situación cambiarase a condución por unha nova de PVC.
Aproveitando a apertura da rúa para a realización destes traballos, o departamento que dirixe Lino Mouriño decidiu estender a rede de abastecemento de auga mediante a instalación de 60 novos metros de colector.

Os traballos comezaron a semana pasada coa dificultade de ter que ir moi a modo e con coidado para non tocar as canalizacións de pluviais e eléctricas que se superpoñen polo mesmo trazado polo que discorre o saneamento. Resolta esta circunstancia, as obras continúan a bo ritmo e está previsto que conclúan a semana que ven.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -