_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Marconsa faise coa obra de mellora da accesibilidade das travesías de Alejandro Cerecedo

O Concello de Vilagarcía iniciará en breve unha nova actuación para mellorar da accesibilidade das rúas da cidade. Neste caso, a actuación corresponderá ás travesías da rúa Alejandro Cerecedo, proxecto que a Xunta Local de Goberno acaba de adxudicar á empresa Movimientos de Áridos y Construcciones de Arousa (Marconsa) por importe de 72.611 euros. Un total de once firmas concorreron ao concurso.
14.07.2018.- O proxecto de Mellora da accesibilidade e humanización das travesías de Alejandro Cerecedo foi promovido polo Concello co obxectivo principal resolver os problemas que para a mobilidade dos peóns presentan actualmente estas dúas vías, con beirarrúas moi estreitas e desniveladas, con bordos moi elevados e con continuos saltos que obrigan a baixar á calzada. Non obstante, a obra tamén se aproveitará para mellorar a estética das dúas travesías e para renovar as redes de saneamento.

A actuación proxectada pola Área de Urbanismo das travesías de Alejandro Cerecedo enmárcase no plan de mellora da accesibilidade urbana que se está a desenvolver en Vilagarcía.

O proxecto consiste na substitución completa dos pavimentos actuais de beirarrúas e rúa, optando por amplas zonas continuadas nas que se eliminan os cambios bruscos de rasante existentes na actualidade para garantir a completa accesibilidade dos peóns. O material que se propón é o formigón ao que se lle aplicarán recursos estéticos como a disposición de cortes ou xuntas de dilatación ou a combinación de diferentes texturas e tinguidos.

O levantamento do firme actual aproveitarase para revisar e renovar as redes de saneamento (augas residuais e recollida de pluviais), un aspecto ao que o goberno local presta especial atención en todas a sobras que está a levar a cabo. Tamén se prevén canalizacións soterradas dos servizos de electricidade e telecomunicacións.

A actuación completarase coa instalación de mobiliario urbano: bancos, iluminación led e a plantación de árbores e plantas ornamentais coa finalidade de aliviar o espazo construído e mellorar a relación coas zonas do contorno (parque Xunqueira e Praza de España).

O proxecto para estas dúas rúas facíase necesario ao tratarse zona de tránsito entre as zonas estratéxicas do parque da Xunqueira e zona monumental de Vista Alegre, coas rúas peonalizadas do centro urbano: Arcebispo Andrade e Praza de España. Unha vez realizadas as obras, as travesías quedarán perfectamente integradas entre ambas zonas, dando continuidade a un entorno de predominio peonil e completamente accesíbel.

Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses e comezarán tan pronto como se materialice a sinatura do contrato.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -