OBRAS E SERVIZOS
O cemiterio municipal de Rubiáns xa dispón dunha nova liña de nichos con 80 prazas de soterramento A nova liña de nichos construída no fondo oeste do cemiterio municipal de Rubiáns xa está rematada. A obra, con tratada polo Concello, permite dispoñer de 80 novas prazas de soterramento coas que ampliar a oferta que xa empezaba a quedar xusta. A construción do bloque de nichos significou un gasto de 36.000 euros que o Concello financiou con fondos propios.
10.07.2018.- O goberno local decidiu a principios deste ano levar a cabo esta actuación co obxecto de ampliar a oferta e garantir a dispoñibilidade de prazas de soterramento no camposanto municipal. O proxecto redactado polo Arquitecto Municipal prevía a construción dun novo bloque de nichos composto por 20 módulos verticais, cada un dos cales dispón de 4 nichos. O bloque sitúase no fondo oeste do camposanto, pegado ao muro perimetral.
Unha vez finalizada a obra, a actuación completarase co acondicionamento da explanada que da ao fronte da construción. Neste caso, serán operarios municipais os que acometan os traballos.