_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A obra do premiado fotógrafo Sebastiao Salgado exhíbese en Vista Alegre da man da Obra Social “la Caixa” e o Concello

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela; a directora de Área de Negocio de CaixaBank en Pontevedra, Cristina Vega; e o representante de a obra de Sebastião Salgado en España, Miguel González; inauguraron a exposición “Sebastião Salgado. Génesis. Arte en la calle” instalada na Rúa Vista Alegre ata o 20 de xullo. A mostra organizada pola Obras Social La Caixa recolle o terceiro proxecto ao longo prazo sobre temas globais realizado polo recoñecido fotógrafo brasileiro. En “Génesis” pon o foco no mundo natural e nos invita a interrogarnos sobre o estilo de vida humano actual e o seu impacto nos recursos naturais do planeta.
20.06.2018.- A exposición, comisariada por Lélia Wanick Salgado, está formada por 38 fotografías -nun branco e negro que agudiza o toque épico das mesmas- que son a testemuña dunha longa coexistencia dos humanos coa natureza, e unha oda visual a un mundo que debemos protexer.

Xénesis estrutúrase en cinco apartados, representando cada un deles unha extensa rexión con varios ecosistemas e colectivos humanos: «Os confíns do sur», Xeorxia do Sur, as Malvinas, a península de Valdés e as illas Sándwich; «Santuarios», as illas Galápagos, Indonesia, e os ecosistemas de Madagascar; «África», do delta do Okavango en Botsuana e o parque de Virunga na tripla fronteira entre o Congo, Ruanda e Uganda, ao deserto de Arxelia; «As terras do norte», paisaxes de Alaska e da meseta do Colorado en Estados Unidos, o Parque Nacional de Kluane na illa de Baffin (Canadá) e as rexións setentrionais de Rusia, o norte de Siberia e a península de Kamchatka; «A Amazonia e o pantanal», a confluencia dos ríos Negro e Solimões en Manaos, os parques nacionais de Canaima (Venezuela) e de Xingú (Brasil), e o Pantanal, o maior humedal do mundo, a cabalo entre Brasil, Bolivia e Paraguay.

Con este tipo de exposicións de Arte na Rúa, a Obra Social ”la Caixa” quere mostrar a influenza das imaxes na sensibilidade contemporánea e destacar o papel dos grandes creadores visuais do século XX no noso xeito de ver o mundo.

Premio Príncipe de Asturias e Embaixador de UNICEF

Nado en 1944 en Aimorés, Minas Gerais (Brasil), Salgado estudou Economía, pero dende os 29 años dedícase por completo á fotografía. Despois de traballar para as axencias Sygma e Gamma, en 1979 incorporouse a Magnum Photos, onde permaneceu ata 1994, ano no que creou, xunto con Lélia Wani
ck Salgado, Amazonas Images, unha axencia dedicada exclusivamente á súa obra. En 2001 foi nomeado embaixador especial de UNICEF, e entre os seus numerosos recoñecementos recibiu en 1998 o Premio Príncipe de Asturias de las Artes.

Visitas guiadas de balde

A mostra instalada na Rúa Vista Alegre pode admirarse libremente, aínda que la Obra Social “la Caixa” ofrece a posibilidade de realizar visitas guiadas completamente de balde e sen reservar cita previa.De luns a venres, guías da exposición captarán ao público in situ media hora antes de iniciar a sesión. Os sábados haberá unha única visita guiada ás 17 horas e os domingos outra ás 12 horas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -