_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A fonte da Praza de Galicia ilumínase de azul para conmemorar o Día Nacional das Linguas de Signos

O Concello de Vilagarcía sumarase aos actos do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas que se conmemora hoxe. Co obxectivo de facer partícipe á poboación facendo visible a importancia que estas linguas teñen para favorecer a integración e normalización das persoas xordas, as canles da Praza de Galicia iluminaranse esta noite de azul turquesa, a cor elixida para a conmemoración desta causa. Esta é so a primeira das accións colaborativas que a Área de Benestar levará a cabo coa Organización de Xordos de Galicia (Xoga), coa que xa se traballa noutras iniciativas.
14.06.2018.- Este será o primeiro ano que se conmemore o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, unha iniciativa que, segundo a Confederación Estatal de Persoas Xordas, supón un paso máis na súa promoción, protección e normalización e que se enmarca na lei 27/2007 na que se recoñecen as linguas de signos españolas.

A elección do 14 de xuño para conmemorar o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, débese a que nesa mesma data no ano 1936 se constituíu la CNSE, principal axente catalizador, xunto as súas federacións e asociacións, de aquelas iniciativas orientadas cara a conquista dos dereitos das persoas usuarias da lingua de signos española e a lingua de signos catalá. “Este feito contribúe á labor de visibilización da lingua de signos e a convertela nunha ferramenta imprescindible para a construción da igualdade, solidariedade e xustiza”, segundo a propia CNSE.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -