DEPORTE
O persoal da Fundación instala en tempo récord dúas gradas para os torneos AF7 e Cidade Vilagarcía O campo municipal de fútbol Manuel Jiménez acolle esta fin de semana e a seguinte dúas importantes citas deportivas en cuxa organización colabora o Concello de Vilagarcía a través da Fundación Municipal de Deportes. Trátase das fases finais dos torneos Arousa Fútbol7 e Cidade Vilagarcía, para un dos foi solicitada a instalación de gradas supletorias para ampliar o aforo do público, equipamentos que o persoal da Fundación terá que montar e desmontar en tempo récord.
12.06.2017.- A distinta disposición nas que os respectivos clubs organizan os seus torneos -un a un so campo e outro con dous- imposibilita que as gradas poidan quedar montadas dunha fin de semana para a outra, polo que tan pronto como remate o evento desta fin de semana, o domingo, será preciso apurar ao máximo os traballos de desmontaxe a efectos que de que todo estea listo para acoller o torneo que comeza o venres desa mesma semana.
O esforzo do persoal súmase aos traballos habituais que xa se realizan dentro das tarefas da de loxística coas que se colabora con ambos eventos.
O Concello tamén colabora poñendo a disposición do ArousaF7 as dúas gradas, con capacidade para unas 900 persoas, material pertencente ás instalacións de Fexdega, aforrándolle deste xeito o custe que suporía o aluger do equipamento.