_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
As axudas para o pago do IBI poden solicitarse en calquera momento do ano

O goberno local de Vilagarcía lembra que as axudas municipais para o pago do IBI creadas o ano pasado poden solicitarse en calquera momento do ano. A medida, que se articulou como unha axuda de emerxencia a través do Regulamento de Axudas de Inserción Social, unha vez aprobada está a disposición dos usuarios de forma permanente, non sendo preciso facer convocatorias anuais nin existe prazo concreto de solicitude. De feito, os interesados aínda están a tempo agora de demandar a axuda correspondente ao recibo da contribución de 2017.
29.05.2016.- O goberno socialista creou o ano pasado esta nova liña de axudas de carácter social co obxecto de aliviar a carga que para moitas persoas supón afrontar o pago do IBI, sobre todo despois das constantes subidas que está a sufrir cada ano tras o catastrazo do ano 2013. Ao ir dirixidas ás persoas que realmente necesitan da axuda, estas concédense en función ao nivel de ingresos da unidade de convivencia. Ao igual que as demais medidas recollidas no Regulamento de Axudas de Inserción Social, tómase como indicador obxectivo de referencia o IPREM.

As bases que rexen a concesión das axudas, onde se establecen os requisitos a cumprir polos solicitantes, pódense consultar no taboleiros de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal . Ademais da publicitación xeral que se fai a través dos distintos medios de comunicación, o persoal dos Servizos Sociais do Concello e as entidades sociais do terceiro sector informan a todos os seus usuarios da existencia destas axudas que poden cubrir o 80% do importe do recibo da contribución ata un máximo de 250 euros. Para financialas, nos orzamentos deste ano reservouse unha bolsa de 90.000 euros.

A bonificación de recibos de 2017 aínda pode elevarse

Para poñer en marcha as axudas foi preciso, primeiro aprobar os Presupostos nos que se recollese a partida para financialas e logo buscarlle encaixe legal, elaborar unhas bases, sometelas a aprobación do Pleno e publicalas. O complexo procedemento levou o seu tempo,de aí que as axudas entrasen en vigor o 28 de novembro (un día despois de ser publicadas no BOP). A causa pola que nese primeiro ano o Concello rexistrou poucas solicitudes destas axudas foi precisamente a que so quedaba un mes para o remate do exercicio. Non obstante, ao tratarse como o resto das axudas de Inserción Social os interesados aínda están atempo agora de solicitar a bonificación do IBI de 2017, polo que o número de bonificacións de recibos do ano pasado, aínda pode elevarse.
As axudas para o recibo deste ano deberán solicitarse unha vez que o Concello emita os recibos, xa que antes non se coñecen os importes sobre os que aplicar o desconto.

Outros requisitos

Aparte do criterio económico, os requisitos que se deben cumprir para acceder as axudas do IBI son que o inmoble que da orixe ao recibo ten que ser a vivenda habitual na que resida a unidade de convivencia e estar no municipio de Vilagarcía. Ademais, o solicitante ten que estar empadroado nese domicilio e non pode posuír outra vivenda en propiedade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -