_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade desenvolve esta tarde a primeira das xornadas “Xénero e diversidade afectivo-sexual nas aulas”

As xornadas formativas sobre "Xénero e diversidade afectivo-sexual nas aulas" organizadas pola Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía póñense a andar mañá, xoves 24 de maio, coa celebración da primeira das dúas sesións programadas. Un cento de docentes, educadores e membros das ANPAS asistirán ás actividades que terán lugar na Sala de Conferencias do Auditorio a partir das 16.45 horas e nas que psicólogos especializados na materia, educadores sociais, profesores de distintos centros educativos de Galicia exporán a súa experiencia na materia
23.05.2018.- A educación en clave de xénero e a diversidade afectivo sexual no ámbito dos centros ensino é a temática das xornadas formativas organizadas pola Área de Igualdade co obxectivo de poñer a disposición de profesores, educadores e pais as ferramentas necesarias para poder contribuír a unha educación en clave de igualdade, ademais de expoñerlle experiencias que xa se están a desenvolver noutros lugares.

O programa de hoxe abrirase ás 16:30 horas cun acto inaugural que dará paso á primeira das conferencias, a que ofrecerá a psicóloga, investigadora e asesora de xénero en igualdade, Cristina Bajo Enríquez, para falar sobre "Estratexias prácticas de Igualdade nos Centros educativos".

Ás 18:45 comezará a mesa de boas prácticas na que tomarán parte a coordinadora da biblioteca do IES Castro Alobre, Lupe Vilar Bernárdez, que falará sobre a experiencia da "Biblioteca escolar como promotora da coeducación". Baixo o título de "Camiñando na Igualdade" exporán as súas experiencias a profesora de educación infantil do CEIP As Fontiñas, Teresa Mallo Mira, a representante da Comisión de Coeducación e Igualdade da ANPA Fontenla, Natalia Poncela; e Cristina Bajo que, exporá as súas experiencias de traballo co profesorado e ANPAS.

Como último acto do día, ás 20:40 horas procederase a inauguración da exposicións “A Igualdade de xénero nas Aulas. 12 anos do Premio ás boas prácticas na Escola”. A mostra fai un repaso polos 12 anos do premio convocado pola Área de Igualdade e o CIM do Concello de Vilagarcía.
A segunda e última xornada celebrarase o vindeiro xoves.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -