_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A Escola de Música abre o luns o período de solicitude de praza para alumnado de novo ingreso

A Escola Municipal de Música Bernardo del Río abre o luns, 21 de maio, o período de solicitude de praza para os alumnado de novo ingreso. Os interesados poderán realizar o trámite nas dependencias do centro, sito avenida Juan Carlos I, ata o 1 de xuño. Os impresos recóllense na secretaría do mesmo centro.
A idade mínima para cursar estudos na Escola de Música son os 3 anos (cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2019) para o módulo de Música e Movemento, que inclúe cursos ata os 7 anos. A partir de aí, o alumnado xa pode elixir instrumento entre as especialidades que imparte o centro, non existindo límite de idade para matricularse.
18.05.2018.- As prazas do novo alumnado outorgaranse en función do número de vacantes que queden tras terse completado a matrícula dos educando que xa cursan estudos no centro e dos que se gradúen. No caso de haber máis solicitudes que vacantes, a prioridade establecerase en primeiro lugar en función aos solicitantes que xa teñan familiares directos (irmáns e pais) matriculados no centro, e en segundo, á letra de corte para os apelidos que estableza a Xunta de Galicia, segundo establece a Orde do 12 de marzo do 2013, DOG do 15 de marzo polo que se regula a admisión do alumnado nos centro docentes sostidos con fondos públicos. Este ano corresponde as letras “Z” e “T” para o primeiro apelido e “C” e “J” para o segundo.

Todos/as aqueles/as solicitantes que non consigan praza, quedarán automaticamente no listado de espera, para cubrir posibles baixas que se produzan durante os primeiros tres meses del curso lectivo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -