_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela logra que Educación se comprometa a financiar e arranxar en verán os baños do colexio de Carril

A reunión que o alcalde Vilagarcía, Alberto Varela, mantivo esta tarde en Santiago na Consellería de Educación dou como resultado o compromiso do titular autonómico de que a reparación dos baños do colexio Rosalía de Castro se levará a cabo durante as vacacións de verán e de que, como defendía o Concello e demandaban a ANPA, será Xunta quen financie integramente a obra. En canto a situación da calidade das augas dos colexios do municipio, tras analizar os resultados das analíticas ordenadas polo Concello, a Consellería, polo momento, non considera necesario realizar ningunha actuación.
15.05.2018.- O encontro entre Varela e Rodríguez, no que tamén participou o secretario técnico da Consellería, desenvolveuse nun ambiente cordial e distendido, e durou unha hora. Tras a reunión, Varela manifestou a súa alegría por poder dar a ANPA do Rosalía de Castro unha noticia positiva e moi esperada.

Dado que a consellería aceptou finalmente asumir integramente o custe da actuación dos baños, o Concello amosouse disposto a arrimar o ombreiro para completar calquera u obra ou mellora necesaria no centro.

A desta tarde fora solicitada polo alcalde co obxecto principal de tratar a situación da calidade das augas dos colexios do municipio tras a situación rexistrada no colexio de Carril, onde debido a antigüidade da fontanería, a auga das billas presentaba niveis de ferro que triplicaban o máximo permitido pola normativa sanitaria. O problema resolveuse despois de que, ante a gravidade da situación, Educación accedese a substituír a instalación. Mentres prohibiuse o consumo da auga da billa e o Concello encargouse de subministrar auga embotellada ao centro.

Tras isto, como medida preventiva e para disipar calquera dúbida, o Concello ordenou analizar as augas dos demais centros educativos de Vilagarcía. Tan pronto como se dispuxo dos resultados, remitíronse á Consellería.

Aínda que os resultados apuntan parámetros dentro da normalidade en todos os casos, dado que o colexio de Rubiáns presentaba a concentración de ferro máis elevada, a intención do rexedor era coñecer que plans tiña a consellería para evitar que se volvan a producir casos como o de Carril. Neste sentido, Román Rodríguez, explicoulle que tendo en conta que en todos os casos a auga é apta para o consumo, incluso en Rubiáns, a Consellería polo momento non consideraba necesario realizar ningunha obra. Non obstante, o alcalde pediu que Educación se mantivese vixilante da situación, ao que Román Rodríguez respondeu que consultará coa Xefatura Territorial e con Sanidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -