_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello abre o prazo de solicitude das axudas para os Plans Madruga de 2018

A Concellería de Educación abriu hoxe o prazo para que as ANPAS dos centros educativos do municipio soliciten ás axudas que concede o Concello para contribuír ao financiamento dos Plans Madruga para o ano en curso. As subvencións ascenden a un máximo de 100 euros mensuais e por mes completo. Non se esixe un número mínimo de participantes. O prazo para solicitar as axudas para o período comprendido entre xaneiro e xuño remata o 15 de xuño. Posteriormente abrirase un novo prazo para realizar o trámite correspondente as Plans Madruga de setembro a decembro.
15.05.2018.- As bases que rexen a presente convocatoria das axudas municipais ao Plan Madruga foron aprobadas onte pola Xunta Xeral e a Concellería de Educación remitiu hoxe mesmo a todas as ANPAS do municipio a información e os formularios para tramitar as solicitudes. O primeiro prazo de solicitude (para os planes de xaneiro a xuño) vai do 15 de maio ao 15 de xuño e logo ábrese outro período para a xustificación dos gastos do 20 de xuño ao 6 de xullo. Para os plans madruga a desenvolver de setembro a decembro de 2018, abrirase un segundo prazo de solicitude que irá do 15 de setembro ao 15 de outubro, e de xustificación do gasto do 1 ao 21 de decembro.

As axudas están dirixidas aos centros do municipio de Educación Infantil e Primaria sostidos con fondos públicos e para os obradoiros de mañá que estean atendidos por persoal especializado nos que os nenos realicen actividades lúdico educativas como pintura, lectura, xogos tradicional ou reciclaxe entre outras. O departamento que dirixe Argimiro Serén, dispuxo para o presente ano unha partida de 10.000 euros destinados a financiar os Plan Madruga.

O Plan Madruga é unha medida de conciliación da vida familiar e laboral que normalmente prestan as ANPAS dos centros educativos. O goberno socialista recuperou hai dous anos as axudas para financiar estes plans por considerar que se trata dunha medida de apoio vital para a prestación dun servizo necesario. Grazas e esta iniciativa, as familias cuxos proxenitores entran a traballar antes do inicio da xornada escolar, poden deixar aos seus fillos nos centros educativos ás oito da mañá, atendidos por monitores ata a hora de entrada ás aulas. A convocatoria enmárcase nas políticas sociais que están a marcar a acción do goberno de Varela Paz.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -