_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello prolonga en dúas semanas e amplía o horario do asesoramento sobre a regularización catastral

O Concello de Vilagarcía decidiu prolongar durante dúas semanas máis e ampliar o horario do servizo de información sobre o proceso de regularización catastral promovido polo Ministerio de Facenda. Para poder atender ao elevado número de afectados que estaban a pedir cita, dende a semana pasada os dous técnicos contratados polo Concello traballan dúas tardes máis á semana, facendo un total de tres xornadas completas. Dende a súa posta en marcha, o pasado 23 de abril, o servizo atendeu xa a 549 afectados e axudou a tramitar 40 alegacións. Ademais, o calendario de citas está completo para os tres días desta semana e para o luns da que ven.
15.05.2018.- O Concello contratou a un gabinete especializado en temas catastrais tras ser informados dende o Ministerio de que se ía a concluír o procedemento de regularización que se estimaba podía afectar un uns 3.000 propietarios do municipio. En principio, os dous técnicos comezaron a atender ao público o luns en horario de mañá e tarde e os martes e mércores pola mañá. Dende a semana pasada, e ante o volume de citas solicitadas ao Concello, tamén traballan as tardes dos martes e mércores. O horario é de 9 a 14 e de 16 a 20 horas os tres días. A atención ao público faise en dependencias do Auditorio Municipal e os interesados deben concertar cita previa chamando ao teléfono 986 099 200 extensión 417 de luns a venres en horario de 08 a 15 horas.

Dado que moitos veciños aínda están recibindo as notificacións estes días, para que teñan tempo a resolver as dúbidas, contrastar os datos remitidos pola inspección da Dirección Xeral do Catastro e, de ser necesario, presentar alegacións, o Concello manterá en funcionamento o servizo ata o 6 de xuño. De verse necesario, o goberno local volvería prolongar o servizo para que ningún veciños quedase sen asistencia especializada.

Motivos das alegacións
Os técnicos que atenden aos afectados explicaron que as dúas temáticas máis repetidas á hora de alegar son erros na medición da superficie dun inmoble e tamén asignación indebida de propiedades. En menor medida, tamén se alega por asignación de un uso que non se corresponde coa realidade, principalmente por rexistrar como vivenda unha edificación que se usa como almacén. As alegacións teñen que ir debidamente documentadas.

Outro dato curioso é que entre as propiedades que a Dirección Xeral do Catastro regulariza con este procedemento se atopan edificacións cunha antigüidade de 30 ou 40 anos, incluso algunha de 70 anos. Nestes casos atópanse principalmente construcións tipo almacéns ou alboios que no momento da súa construción non tributaban. O resto refírese a ampliacións de superficies, melloras ou piscinas construídas nos últimos anos.

Os encargados de atender aos afectados tamén apuntan o malestar xeral destes pola taxa de 60 euros que o Ministerio de Facenda lles obriga a pagar, independentemente do importe que teñan aboar pola regularización catastral.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -