CONCELLO
O Concello renova o colector de abastecemento en Pepín e Rúa Alta O Concello de Vilagarcía iniciou hoxe unha nova actuación de renovación da rede de abastecemento municipal de auga potable. Os traballos beneficiarán aos veciños da Rúa Alta e Rúa Pepín e consistirán na substitución de 105 metros de colector de fibrocemento por outro de maior caudal e de PVC, garantindo así maior resistencia e durabilidade. Os traballos estaos a levar a cabo Espina e Delfín.
14.05.2018.- A renovación da rede neste tramo lévase a cabo tras as continuadas avarías que se sucederon durante a fon de semana, onde a vella tubaxe de fibrocemento rebentou en diversos puntos. En lugar de limitarse a reparar as avarías, o goberno local optou por aproveitar para levantar o colector nas mencionadas rúas e substituílo por un novo que garanta o correcto funcionamento do servizo e evite novas avarías.
Entre as dúas rúas, a lonxitude da tubaxe da suma 105 metros e os traballos inclúen a realización de 15 acometidas ao servizo. Calcúlase que as novas conexións estean rematadas esta semana e a reposición do firme realizaríase a vindeira, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan.
Esta obra súmase ás dúas levadas a cabo en abril en Cornazo e As Carolinas e que supuxeron a instalación de algo máis de medio quilómetro de novas tubarías. Estas actuacións beneficiaron as rúas Montiño de Paradela e Pumariño, en Cornazo e a rúa Blanco Amor, nas Carolinas.