_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Raquel Meaños, Ricardo González, Pedro Muñoz, os sénior de tenis de mesa e os xuvenís de remo, finalistas ao Mellor Deportista Local

O xurado da Festa Local do Deporte reuniuse onte para seleccionar aos cinco finalistas que aspiran a ser declarados Mellor deportista Local do ano. Os elixidos entre as candidaturas presentadas foron a atleta Raquel Meaños, Ricardo Gonzalez (pesca submarina), Pedro Muñoz (Kenpo), o equipo sénior do Club Vilagarcía de Tenis de mesa e o equipo xuvenil do Club de Remo Vilaxoán. O gañador darase a coñecer no transcurso da gala da festa do deporte que se celebrará o vindeiro 1 de xuño.
08.05.2018.- Os méritos dos aspirantes para aspirar ao premio que concede anualmente a Fundación Municipal de deporte son:
 RAQUEL MEAÑOS ASENSI: Polo seu título Nacional xuvenil en 800 metros en pista ao aire libre, así como polo subcampionato nacional en pista cuberta. Ademais, bateu o récord galego xuvenil de 800 metros e Mundial na súa clase.
 EQUIPO SENIOR DO CLUB VILAGARCÍA TENIS DE MESA: Polo seu título de liga no grupo I de División de Honra, así como o ascenso áSúper división.
 EQUIPO INFANTIL MASCULINO DO C. REMO VILAXOAN: polos títulos provincial e autonómico así como polo subcampionato nacional de bateis.
 PEDRO MUÑOZ FOLE: Polos seus títulos nos campionatos autonómicos, nacionais e mundiais en kata, Kobudo e combate na especialidade de KENPO.
 RICARDO GONZÁLEZ GONZÁLEZ: polos seus títulos en probas de pesca submarina autonómica individual e por equipos, así como os éxitos no “máster internacional” de Portugal coa selección galega (3º individual e 1º por equipos).

O xurado tamén decidiu onte a concesión das mencións especiais coas que a Fundación municipal recoñece a labor realizara por persoas ou entidades a favor ou para promocionar o deporte local. Os galardoados deste ano nas diferentes categorías son:
 Mención Especial á Persoa de LUIS VILAS pola súa labor como presidente do C.D. Bamio.
 Mención Especial á Empresa CENTRO MÉDICO JACINTO LÓPEZ, polo seu apoio ao deporte local colaborando con moitas entidades no desenvolvemento das súas actividades.
 Mención Especialá Organización de Eventos para o AROSA S.C. pola organización do VI Trofeo Cidade de Vilagarcía.
 Mención Especial a Medios de Comunicación a PABLO PENEDO, xornalista de La Voz de Galicia.
 Mención Especial a Técnico Deportivo a JULIO TORRADO QUINTELA, director técnico e adestrador do C.X. Fontecarmoa.
 Mención Especial ao Voluntariado á AGRUPACIÓN DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL, pola súa colaboración desinteresada cos diferentes eventos deportivos que se desenvolven no Concello de Vilagarcía.
 Mención Especial ao Deporte Para Todos ao EQUIPO DE ATLETISMO ADAPTADO DO CONCELLO DE VILAGARCÍA NOS XOGOS DO EIXO ATLÁNTICO

A entrega de premios celebrarase durante a gala da Festa do deporte Local que terá lugar o 1 de xuño, a partir das 21:30 horas no Salón García. Previamente, durante toda a tarde haberá actividades e exhibicións lúdico-deportivas no Parque Miguel Hernández organizadas pola Fundación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -