_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Vilagarcía prepárase para gozar dunha semana da mellor música clásica da man de 42 prestixiosos intérpretes internacionais

Vilagarcía prepárase para gozar dunha semana da mellor música clásica da man dos 42 prestixiosos intérpretes de diferentes países do mundo que participarán na primeira edición do Clasclás, o festival internacional de música clásica que se desenvolverá do 30 de xuño ao 7 de xullo. O alcalde, Alberto Varela, presentou hoxe o programa do evento promovido polo Concello a través do Conservatorio profesional de Música e que inclúe a celebración de 12 concertos en diferentes recintos e contornos emblemáticos da cidade. Co Clasclás, Vilagarcía converterasa es a semana na capital da música clásica a nivel nacional e todo un referente a nivel internacional debido a cantidade e calidade dos músicos que participan no festival.
03.05.2018.- O lev motive da primeira edición do Clasclás será a música de cámara. A organización pretende achegar este xénero a toda a poboación, por iso á hora de deseñar o repertorio dos concertos buscáronse as obras e autores máis representativos de todos os tempos e as pezas de maior atractivo para o público.Nos doce concertos a celebrar nos 8 días do certame os músicos vidos de diferentes países do mundo interpretarán temas de Mozart, Schumann, Mendelssohn, Brahms, Beethovenn, Puccini, Tchaikovsky, Kodaly, Ravel, Falla ou Prokofiev, entre outros.

No certame intervirán 42 prestixiosos músicos de carreira de diferentes nacionalidades, 10 dos cales actuarán como mentores. Estes son Guy Braunstein, director artístico do certame e violinista, Clara-Jumi Kang (violín), Mayu Kishima (Violín), Diemut Poppen (viola), Franz Bartolomey (cello), Dennis Kozhukhin (piano), Sunwook Kim (piano), Gill Schwarzman (frauta), Chris Grymes (clarinete) e David Fernández (trompa).

Os concertos desenvolveranse en diferentes marcos. Algúns terán lugar en recintos clásicos como o Auditorio ou o Salón García e outros sacaranse a lugares emblemáticos do municipio como a igrexa conventual de Vista Alegre, o Pazo de Rubiáns pu o Pazo da Golpelleira, onde a beleza da música acrecentarase co encanto do contorno. A asistencia aos concertos é de balde excepto en dous que se celebrarán no Pazo da Golpelleira cuxa entrada individual custa 12 euros, e 20 o bono para os dous días.

Or organizadores quixeron imprimir unha maior vertente social ao festival, achegando a música clásica a colectivos que non poderán acudir aos concertos, polo que tamén desprazarán músicos a tocar á residencia de anciás Divina Pastora e ao Hospital do Salnés.


O Clasclás tena demais unha vertente formativa, o denominado Young Artist Program (YAP) para o cal foron seleccionados 25 xóvenes músicos procedentes das máis prestixiosas academias e conservatorios do mundo como a Academia Karajan da Filarmónica de Berlín, a Julliard Scholl de Nova Iorque, a Royal Academy de Londres, a Sibelius Academy de Helisinky, o Conservatorio Nacional Superior de París, a Universidade das Artes de Viena, o Conservatorio de Moscú ye a Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid, entre outras.

Cómpre salientar que entre os 25 seleccionados atópanse dous xóvenes galegos: a oboísta Iria Folgado Dopico, de San Sadurniño, estudiante de óboe na Hochschule für Musik Hanns Eisler Berlin, e o frautista pontevedrés Juan José Cernadas Carrera, membro da Gustav Mahler Jugendorchester (GMJO), unha das orquestras xóvenes máis prestixiosas de toda Europa.

Ademais de polo prestixio e traxectoria dos músicos participantes, a calidade do Clasclás poderíase medir polas características dos instrumentos cos que tocarán. A modo de exemplo, citar os dous Stradivarius cos que traerán dous violinistas e tamén as valiosas pezas de famosos luthiers pertencentes a varios dos xóvenes interprétes. En total, calcúlase que o valor do instrumental a utilizar no certame acada os 20 millóns de euros.

A directora do Conservatorio, Rosina Sobrido, explicou que a intención é darlle ao Clasclás unha vertente moito máis ampla que a simple organización dos concertos,. Por iso, parte da vertente formativa do YAP ofreceranse masterclasses de asistencia gratuíta para oíntes. Tamén haberá o denominado Clasclás Summit, unha innovadora actividade deseñada para potenciar a industria cultural da música clásica en Galicia poñendo en contacto a promotores nacionais e internacionais con todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación e networking.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -