_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade promove unhas xornadas formativas sobre “Xénero e diversidade afectivo-sexual nas aulas”

A educación en clave de xénero e a diversidade afectivo sexual no ámbito dos centros ensino é a temática das xornadas formativas que a Área de Igualdade organiza este mes de maio e que teñen como destinatarios a docentes, m das AMPAS e a todos os educadores e persoas interesadas no tema. A iniciativa contará coa participación de psicólogos especializados na materia, educadores sociais, profesores de distintos centros educativos de Galicia onde traballan neste eido e membros de ANPAS. A actividade será gratuíta e celebrarase os días 24 e 31 de maio no Auditorio. Colaboran na súa organización os institutos Castro Alobre e Miguel Ángel González Estévez.
01.05.2018.- Con estas xornadas formativas sobre "Xénero e diversidade afectivo-sexual nas aulas" o departamento que dirixe Tania García pretende a disposición de profesores, educadores e pais as ferramentas necesarias para poder contribuír a unha educación en clave de igualdade, ademais de expoñerlle experiencias que xa se están a desenvolver noutros lugares.

PROGRAMA DO XOVES, 24 DE MAIO

As actividades desenvolveranse os dous días en horario de tarde no Auditorio. O programa de conferencias abrirase o día 24 de maio coa intervención da psicóloga, investigadora e asesora de xénero en igualdade, Cristina Bajo Enríquez que falará sobre "Estratexias prácticas de Igualdade nos Centros educativos" e sobre as "Experiencias de traballo co profesorado e ANPAS. A continuación celebrarase unha mesa de boas prácticas na que tomarán parte a coordinadora da biblioteca do IES Castro Alobre, Lupe Vilar Bernárdez, que falará sobre a experiencia da "Biblioteca escolar como promotora da coeducación". Baixo o título de "Camiñando na Igualdade" exporán as súas experiencias a profesora de educación infantil do CEIP As Fontiñas, Teresa Mallo Mira, e a representante da Comisión de Coeducación e Igualdade da ANPA Fontenla, Natalia Poncela.

ACTIVIDADES DO XOVES, 31 DE MAIO

A xornada do día 31 de maio abrirase cunha conferencia a dúas bandas na que a educadora social e especialista en TED, Elisabet Pérez Costas e a psicóloga experta en formación en DASEX nas aulas, Raquel Cordeiro Ferreira, disertarán sobre "Diversidade Afectivo-Sexual e de xénero . Recursos e ferramentas de traballo nas aulas".
Na mesa de boas prácticas deste día exporanse tres experiencias en tres institutos. O titor LGTB do IES Rivas Varciamadrid, Joaquín Álvarez intervirá por videoconferencia para explicar a súa experiencia como primeiro titor LGTB de España e os resultados a longo prazo. Xa de forma presencial, tamén contarán as súas vivencias no IES politécnico de Vigo a titora LGTB, Ana Ojea Alonso e a profesora do IES Castro Alobre, Paloma García García.

O programa das xornadas completarase cunha exposición organizada pola Área de Igualdade-CIM de Vilagarcía sobre os 12 anos do Premio de Boas Prácticas na escola que convoca o Concello de Vilagarcía.

100 PRAZAS DISPOÑIBLES A CUBRIR POR ORDE DE INSCRICIÓN

Posto que as xornadas son de balde, a efectos de control de aforo será preciso inscribirse previamente cubrindo o formulario que se pode descargar do taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal e presentándoo, ben nas oficinas da Área de Igualdade, ou remitíndoo por mail ao enderezo muller@vilagarcia.gal . O prazo para tramitar a inscrición ábrese o 2 de maio e pecharase tan pronto como se cobran as 100 prazas dispoñibles que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -