_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello eleva ata os 50.000 euros a partida para axudas á contratación e consolidación de emprego por conta allea

A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión de onte as bases que rexerán a convocatoria da liña de axudas que o Concello ofrece á iniciativa privada para potenciar a creación ou consolidación de emprego. A concellería de Promoción Económica e Emprego, da que parten estas subvencións, elevou por segundo ano consecutivo a partida que se eleva a 50.000 euros, 6.000 máis que o ano pasado.
24.04.2018.- As subvencións teñen como obxectivo favorecer anovas contratacións ou o mantemento e consolidación de emprego de persoas empadroadas en Vilagarcía en empresas da comarca do Salnés e Caldas.

Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Caldas que formalicen contratos con traballadoras e traballadores empadroados no Concello de Vilagarcía cunha antigüidade mínima dun ano e inscritos como demandantes de emprego no servizo Público de Emprego de Galicia (antigo Inem). Considéranse subvencionables as contratacións indefinidas, conversións en indefinidos de contratos temporais ou de duración determinada, así como os temporais con duración mínima de 6 meses. A subvención por cada contrato pode chegar ata un máximo de 3.000 euros.

Unha das novidades que se introducen este ano e a posibilidade de subvencionar contratacións indefinidas a tempo parcial, atendendo á natureza e características propias da prestación laboral e/ou da actividade da empresa.
A segunda novidade da convocatoria deste ano é que se establece un máximo de tres subvencións por empresa. Este criterio rexerá por norma xeral, coa excepción de que unha vez resoltas as solicitudes, queden fondos libres. Nese caso, os remanentes destinaranse a atender as solicitudes presentadas a maiores por unha mesma empresa, sempre que cumpra cos demais requisitos.
Os contratos a subvencionar deben estar asinados entre o 1 de decembro de 2017 e o30 de novembro de 2018.
As bases xa foron remitidas ao BOP para a súa publicación. O prazo de presentación das solicitudes abrirase despois da publicación.

A creación desta subvencións foi un compromiso do goberno que preside Alberto Varela que se puxo en marcha por primeira vez hai dous anos. Enmárcase nas políticas locais de emprego e promoción económica deseñadas dende a concellería que dirixe Juan Antonio Pérez Callón. A convocatoria persegue potenciar a creación e mantemento do emprego por conta allea mediante incentivos económicos ás empresas. Trátase dunha acción máis para tratar de provocar o descenso dos índices de paro entre os vilagarciáns.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -