_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O programa Xantar na Casa contou en 2017 con 24 usuarios maiores ou dependentes

Un total de 24 veciños de Vilagarcía se beneficiaron o ano pasado do programa Xantar na Casa que prestan os Servizos Sociais do Concello no marco das iniciativas de apoio á unidade de convivencia e axuda no fogar. Este programa consiste nun servizo de comida a domicilio para persoas dependentes que ten como obxectivo evitarlle os riscos que lles pode conlevar a eles preparase as súas comidas á vez que garantirlle unha alimentación equilibrada en base as súas necesidades concretas.
23.04.2018.- O programa Xantar na Casa ten como obxectivo fundamental mellorar o nivel de benestar e calidade de vida e previr situación de risco nas persoas maiores ou dependentes. Para logralo, un servizo de cátering encárgase de levar ao domicilio dos usuarios menús completos para a comida adaptados a necesidades e dietas médicas que lles estean indicadas a cada un deles e mesmo adaptadas aos produtos de tempada ou aos propios gustos dos usuarios. O cátering serve unha vez á semana os menús equilibrados para os sete días da semana e perfectamente envasados para conservar no frigorífico. Constan de primeiro e segundo prato e sobremesa e xa veñen cociñados, polo que so precisan quentarse no microondas, evitando así os riscos de accidentes domésticos que se soen producir na cociña.

Os usuarios do Xantar na Casa rexistrados en 2017 estiveron moi igualados en canto a sexos, posto que houbo 13 mulleres e 11 homes. O abano de idade é amplo, cos extremos nos 46 e 96 anos, sendo a idade media dos usuarios os 74 anos. Xusto metade dos beneficiarios do servizo (12) conviven solos nas súas casas.

O Xantar na casa é un programa subvencionado polas administracións. Xunta e Concello financian a partes iguais o 66% do custe, mentres o usuario ten que abonar o 33% restante. Non obstante, e a maiores do parte que lle corresponde financiar, o Concello tamén bonifica a cota dos usuarios con menos ingresos económicos aos que lles subvenciona a metade da cota que lles tocaría pagar a eles.

Co obxecto de poder axudar a máis usuarios, o departamento de Servizos Sociais do Concello aprobou o ano pasado elevar o nivel máximo de ingresos para poder recibir a bonificación dos 400 aos 450 euros mensuais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -