_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Xuventude ofrece formación sobre tecnoloxías emerxentes a través do obradoiro “APPtualízate!”

A Concellería de Xuventude pon en marcha a segunda edición do “APPtualízate!”, un obradoiro sobre tecnoloxías emerxentes das TIC no que se poderán formar 20 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos. Trátase dunha nova acción de formación non regrada pensada para mellorar as competencias laborais e a empregabilidade do alumnado. O curso consta de 25 horas lectivas que se impartirán do 2 ao 10 de maio na aula CEMIT do Centro de Formación Permanente de Matosinhos. A participación é de balde. Hai prazo de preinscrición do 18 ao 26 de abril a través do enderezo: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSckdc_1ZwZdKSWUMKto7M9pMeNX9XkQ9Q2mNloLgwLZHU4s2w/viewform Posteriormente, entre do 27 ao 30 de abril, os interesados deberán formalizar a inscrición no Concello.
18.04.2018.- APPtualízate está deseñado como un curso introdutorio na temática das novas tecnoloxías e no manexo de ferramentas TIC. Os Contidos específicos a abordar no obradoiro engloban tanto o ámbito de posta en marcha dunha iniciativa empresarial, as aplicación móbiles, programación, robótica ou GPG. No primeiro bloque, o alumnado adquirirá coñecementos sobre como cear unha empresa de base tecnolóxica, como solucionar problemas coa tecnoloxía e a xestión de proxectos tecnolóxicos áxiles.

No apartado de APPs recibirán formación sobre o deseño e prototipado de aplicación e APPs inventoras. No terceiro bloque traballarán a programación en código, a programación de videoxogos e a realidade aumentada virtual. No campo da robótica o curso abordará a conexión de código e cables para construír robots e a tecnoloxía 3D aplicada a procesos de modelado, escaneado e impresión. No último bloque, o destinado á ferramenta GPS, traballarase sobre o desenvolvemento de solucións App co GPS, o Geocatching e o uso e posibilidades dos drons.

A Concellería de Xuventude programa por segundo ano consecutivo este obradoiro “Apptualízate!” que terá continuidade no mes de xullo co Campamento tecnolóxico de Verán. Ambas iniciativas están integradas no mesmo programa, contan con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra a través do plan Concellos 2018 e serán impartidos pola asociación “O Núcleo”.

Rematado o proceso de preinscrición, ábrese un novo prazo, do 27 ao 30 de abril, para que os interesados cubran e presenten no Rexistro do Concello a ficha que poden imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -