_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
A inscrición no campamento Urbano de Verán amplíase ata o 25 de abril

A Concellería de Xuventude decidiu ampliar ata o mércores, 25 de abril, o prazo de inscrición no Campamento urbano de Verán para nenos e nenas de 3 a 7 anos que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto nas instalación do colexio da Escardia. O programa socio educativo e de conciliación familiar ofrece a posibilidade de contar con Plan Madruga e servizo de comedor. Ofértanse un total de100 prazas.
16.04.2018.- O Campamento Urbano de Verán ten como destinatarios a nenos e nenas empadroados en Vilagarcía nacidos entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2014. Por tratarse dun programa que busca facilitar a conciliación laboral das familias, só poderán acceder ao mesmo as unidades familiares cuxos proxenitores (ou proxenitor en caso de familias monoparentais) estean traballando ou cursando formación regrada no mesmo horario no que se desenvolve o servizo municipal.

O programa funcionará de luns a venres os meses de xullo e agosto nas dependencias do CEIP A Escardia. Os campamentos terán un horario de 9 a 14 horas e o comedor de 14 a 15 horas. O horario de entrada no campamento será de 9 a 9.30 e a saída efectuarase entre as 13.30 e as 14 horas, de xeito que cada familia poida acomodar mellor os seus horarios laborais aos de levar e recoller aos cativos. Ademais, as familias que o precisen poderán deixar aos nenos unha hora antes na modalidade do Plan Madruga que comezará ás 8 da mañá.

O Concello fai un importante esforzo económico para que as familias máis necesitadas poidan acceder ao programa alimenticio a un custe reducido ou incluso de xeito gratuíto, asumindo Ravella o pago das bonificacións e descontos que se conceden aos beneficiarios.

Co obxecto de que as familias poidan axustar o mellor posible as súas obrigas e vacacións laborais co período vacacional dos escolares, poderán optar por acudir aos campamentos os dous meses, só un mes, ou elixir por quincenas. A cota a pagar é proporcional ao período. Tanto o Plan Madruga como o Comedor son servizos complementarios optativos.

Os interesados en inscribir aos seus fillos no campamento urbano de verán deben cubrir o formulario dispoñible no taboleiro de anuncios desta web e presentalo no Rexistro Xeral do Concello xunto coa documentación nel sinalada. As bases que regulan a concesión das prazas, prezos e bonificacións tamén están dispoñibles na web.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -