_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Clasclás conforma un cartel con 25 xóvenes músicos das máis prestixiosas academias internacionais

O I Festival Internacional de Música "Clasclás" de Vilagarcía xa ten cartel. Vintecinco xóvenes músicos das máis prestixiosas escolas e academias internacionais compoñen a lista de artistas que intervirán no Young Artist Program (YAP), incluído no festival organizado polo Concello de Vilagarcía a través do Conservatorio Profesional de Música, e que se desenvolverá na nosa cidade do 29 de xuño ao 7 de xullo. Os finalistas elixíronse tras as probas de selección realizadas a mediados de marzo en Berlín baixo a dirección de Guy Braunstein, director artístico do certame.
14. 04.2018.- A primeira edición do festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía está tendo unha excelente acollida dentro do sector, como demostran os 90 xóvenes músicos procedentes de diversos países do mundo que se inscribiron para participar no YAP. Para decidir o cartel final, o equipo artístico del festival, encabezado polo director, Guy Brausntein, realizou as probas na cidade alamana con obxecto de seleccionar aos finalistas.

Os 25 músicos seleccionados están graduados nas máis prestixiosas academias e escolas internacionais de música, como Academia Karajan da Filarmónica de Berlín, a Julliard Scholl de Nova Iorque, a Royal Academy de Londres, a Sibelius Academy de Helisinky, o Conservatorio Nacional Superior de París, a Universidade das Artes de Viena, o Conservatorio de Moscú ye a Escola Superior de Música Reina Sofía de Madrid, entre outras.

Cómpre salientar que entre os 25 seleccionados atópanse dous xóvenes galegos: a oboísta Iria Folgado Dopico, de San Sadurniño, estudiante de óboe na Hochschule für Musik Hanns Eisler Berlin, e o frautista pontevedrés Juan José Cernadas Carrera, membro da Gustav Mahler Jugendorchester (GMJO), unha das orquestras xóvenes máis prestixiosas de toda Europa.

Os participantes no YAP son :
Beata Antikainen, cello. Finlandia.
Christa-Maria Stangorra, violín. Letonia.Dana Barak, clarinete. Israel.
Daria Kameneva, piano. Rusia.
Deanna Anderson, viola. Estados Unidos.
Florrie Marshall, viola. Estados Unidos.
Héctor Cámara Ruíz, viola. España.
Iria Folgado Dopico, óboe. España.
Ivan Sendetskiy, cello. Rusia.
Juan José Cernadas Carrera, frauta. España.
Julen Zelaia Zia, violín. España.
María Hamela Redecilla, violín. España.
Maria Krykov, contrabajo. Finlandia.
Mariam Vardzelashvili, piano. Austria-Georgia.
Marissa Olegario, fagot. Estados Unidos.
Maya Lorenzen, violín. Alemania.
Mila Krasnyuk, viola. Ucrania.
Nadav Katan, piano. Israel.
Mon-Puo Lee, chelo. España-Taiwán.
Ory Wissner-Levy, violín. Estados Unidos.
Raquel de Benito Forriol, viola. España.
Sophia Bacelar, cello. Estados Unidos.
Susana Gómez Valencia, piano. España.
Tamir Naaman Pery, cello. Israel.
Vira Zhuk, violín. Austria-Ucrania.

Unha vez pechada a selección de participantes no Young Artist Program (YAP), O Conservatorio de Vilagarcía an anuncia que dentro dunhas semanas presentaranse repertorio e programa de concertos deseñados polo director artístico do certame, Guy Braunstein, para a primeira edición do Festival Internacional de Música Clasclás de Vilagarcía, que promoven Concello e Conservatorio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -