AVISOS
Os afectados pola regularización catastral poden pedir cita previa para ser asesorados polo Concello O Concello de Vilagarcía pon un servizo de asesoramento técnico a disposición dos veciños afectados polo proceso de regularización catastral promovido polo Ministerio de Economía e Facenda. Dous técnicos especializados informarán aos interesados axudaranlles a contrastar os datos das propiedades afectadas e axudaranlles a preparar as alegacións. As persoas que desexen facer uso deste servizo gratuíto deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono 986 099 200 extensión 417, de luns a venres e en horario de 8 a 15 horas.
13.04.2018.- O Concello ven de publicar un bando para informar aos veciños da posta en marcha do servizo de asesoramento que a partir do 23 de abril, funcionará no Auditorio tres días á semana: Será os luns en horario de mañá e tarde (de 9 a 14 e de 16 a 20 horas) e os martes e mércores pola mañá (de 9 a 14 horas). A cita previa pode solicitarse xa a partir deste luns, 16 de abril.
A regularización catastral promovida de oficio polo Ministerio de Economía e Facenda en numerosos municipios de España chega a Vilagarcía. A Dirección Xeral do Catastro comunicou ao Concello o inminente inicio do procedemento que persegue incluír no censo os inmobles que non estaban dados de alta ou actualizar as características daqueles que foron modificados ou ampliados.
Segundo a inspección previa realizada polo organismo estatal, estímase que no termo municipal podería haber case 3.000 inmobles obxecto de regularización, de aí que o goberno local decidira contratar a unha forma especializada en temas catastrais para que os veciños afectados poidan informarse e, de ser o caso, presentar correctamente as alegacións que consideren oportunas. A Dirección Xeral do Catastro da aos afectados un prazo de 15 días, a contar dende o momento en que reciban a notificación, para presentar alegacións.