_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Servizos Sociais concedeu o ano pasado 660 axudas de emerxencia, ás que destinou 178.511 euros

Os Servizos Sociais do Concello de Vilagarcía concederon ao longo do ano 2017 un total de 660 axudas de emerxencia social no marco do programa de actuacións específicas de prevención e inserción destinas aos sectores da poboación en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión. O custe das axudas ascendeu a 178.511 euros procedentes das arcas municipais. Dos tres tipos de axudas existentes, ás máis numerosas foron as de pago único (479) e dentro destas, ás relacionadas co pago de gastos derivados da vivenda. Axudas Alimenticias e de hixiene concedéronse 170 e axudas infantís ou a lactación, 11.
13.04.2018.- O programa de Inserción Social do Concello articúlase a través dunhas Bases que regulan a concesión das axudas en cumprimento dunha normativa que potencia a transparencia, eficiencia e eficacia deste gasto público, entendido como recurso facilitador da integración social dos cidadáns que sofren máis carencias.

Ao tratarse de persoas en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión, soe suceder, que unha única solicitude poida dar pé a concesión de varias axudas de distinto tipo, en función das necesidades e situación do solicitante. Esta é a razón polo que, pese a que o número de solicitudes tramitas en 2017 foi de 363, o total de axudas finalmente concedidas ascendeu a 660.

LUZ E ALUGUER, AS NECESIDADES MÁIS REPETIDAS

Os gastos derivados da vivenda foron o principal motivo das axudas de pago único. En concreto, das 479 concedidas, 459 enmárcanse neste apartado. E dentro destas, o pago do recibo la luz e de aluguer foron as causas máis repetidas, con130 e 127 axudas concedidas respectivamente. Para pagar o recibo da auga concedéronse 102 axudas, 43 para a factura do gas, 32 para a cota da hipoteca e 16 para os gastos de comunidades. Derramas (5), fianzas (3) e gastos derivados da propiedade (1), completan a lista de concepto das axudas relacionadas coa vivenda.

O resto das axudas de pago único concedidas polo departamento que dirixe Tania García tiveron como destino o pago de equipamentos básicos (7), compra de lentes (7), tratamentos dentais (5) e medicamentos (1).

ALOXAMENTO A 6 FAMILIAS AFCETADAS POR UN INCENDIO

Dentro das axudas de emerxencia de carácter excepcional e urxente, o departamento municipal de servizos Sociais tamén asumiu o ano pasado os gastos de aloxamento temporal de 6 familias afectadas por un incendio no edificio que habitaban e que carecían de apoio familiar e medios para facer fronte á situación cos seus propios medios. O Concello abonou os 723. Euros correspondentes aos gastos derivados desta medida excepcional e urxente.

En canto ao perfil das persoas que acoden aos servizos Sociais do Concello a solicitar axudas de emerxencia social, repítese a principal característica de anos anteriores que é que a maioría dos solicitantes son mulleres. Das 363 persoas que demandaron esta prestación o ano pasado, 261 eran mulleres fronte a 102 homes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -