_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello pon en marcha unha nova campaña de reposición de lousas soltas en beirarrúas do municipio

Dentro dos traballos periódicos de mantemento das rúas municipais, o Concello de Vilagarcía, a ven de poñer en marcha unha nova campaña de acondicionamento que afectará a varias beirarrúas do centro urbano e tamén da periferia. Operarios do servizo municipal de obras son os encargados de levar a cabo os traballos que consistirán na reparación ou reposición de baldosas e lousas que estean levantadas ou se atopen en mal estado. Estas labores contribuirán tanto a mellorar e conservar as beirarrúas como a favorecer a accesibilidade dos peóns.
12.04.2018.- O Concello leva a cabo de forma periódica este tipo de traballos nas beirarrúas con obxecto de ir resolvendo os problemas e incomodidades que para os peóns supoñen as baldosas rotas, que poden provocar traspés, ou mesmo soltas e que acumulan auga debaixo que salpica ao pisalas. Para levar a cabo esta campaña, o Concello investiu 5.363 euros na adquisición de lousas para repoñer.

O plan de traballo previsto inclúe actuacións nas rúas do centro urbano, como Arcebispo Xelmirez, Santa Eulalia, Arcebispo Lago, Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Praza da Constitución, Edelmiro Trillo e Avenida da Mariña, e tamén en rúas periféricas, como Alfredo Brañas (no Piñeiriño), Agustín Romero o una Praza San Miguel Trabanca Badiña.

Ademais, os operarios de Obras tamén se dedicaron nos últimos días a repasar o estado da zona peonil de Rey Daviña para ir arranxando os problemas detectados en lousas o una zona adoquinada.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -