_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello volve a incrementar a súa achega á Banda de Música, que este ano recibirá 46.270 euros

Por segundo ano consecutivo, o Concello de Vilagarcía eleva a súa achega económica á Banda de Música reiterando a aposta do goberno local pola primeira agrupación musical da cidade e pola cultura musical en xeral. O importe do convenio de colaboración para o ano 2018 ascenderá a 46.270 euros, case un 9% máis que o ano anterior. En contraprestación, a Banda ofrecerá 35 actuacións para o Concello, 10 en datas sinaladas pola administración para eventos de especial relevancia e as 25 restantes a distribuír entre as festas das diferentes parroquias do municipio.
12.04.2018.- O Concello xa elevara o pasado ano o orzamento da Banda cun incremento de 2.500 euros, aos que agora suma 3.770 euros máis. A achega anual acada así os 46.270 euros cos que a Banda de Música poderá sufragar os custes das actuacións a realizar, reservando unha partida fixa de 7.500 euros para a adquisición de equipamento e instrumentos, de modo que se vaia ampliando o material e renovando o que se vai deteriorando.

Das 10 actuacións que o Concello se reserva para datas concretas están as intervencións da Banda en eventos sinalados como a Cabalgata, as procesións de San Roque, San Roquiño e Santa Rita, así como os concertos especiais de “A Banda na Rúa” (en xullo) o da Camelia ou o da clausura do Curtas Film Fest.

En canto ás 25 actuacións a distribuír entre as festas das parroquias, a Banda oferta dúas modalidades a elixir pola comisión de festas: a tradicional (pasarrúas máis acompañamento na procesións), ou o formato de gran concerto.

Como xa aconteceu o ano pasado, as comisións organizadoras deberán solicitar á Concellería de Cultura a actuación da Banda, indicando o formato de actuación elixido e a datas. A efectos de poder organizar o calendario anual de actuacións, evitar coincidencia de datas entre parroquias e propiciar un reparto equitativo que permita a todas as parroquias gozar da actuación da Banda de Música, Cultura recomenda que as solicitudes se realicen antes do 30 de maio. De feito, darase preferencia ás petición rexistradas neste período.

O convenio a asinar polo Concello e o Padroado da Banda de Música recolle outros aspectos como o compromiso da administración local a facilitar as infraestruturas necesarias para a realización dos concertos, así como a colaborar en materia de promoción e difusión dos mesmos. Nas actuacións nas parroquias organizadas a través da Concellería de Cultura, o Concello tamén a se fará cargo con persoal e medios municipais das tarefas de carga e transporte do material e instrumentos.

CESIÓN DUN LOCAL DE ENSAIO

Ademais, o Concello mantén a cesión de uso dun local nos baixos don Auditorio para a realización dos ensaios e actividades propias da Banda. Como contribución para financiar os custes de funcionamento do local (electricidade limpeza…) a Banda comprométese a realizar 2 actuacións a maiores das mencionadas e en función das necesidades da Concellería de Cultura.

FOMENTAR A LABOR EDUCATIVA E SOCIAL DA AGRUPACIÓN

Con este convenio o Concello recoñece a singularidade, relevancia e antigüidade da Banda de Música, así como a importancia da labor socio educativa que presta a formación e a súa contribución á conservación do patrimonio musical do municipio. No que á labor educativa se refire, a Banda comprométese a ir integrando nas súas filas aos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e do Conservatorio que estean interesados en formar parte da agrupación, de xeito que poidan completar a súa formación e estudos musicais con prácticas nunha formación tan senlleira como é a Banda de Música de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -