_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DEPORTE
A Fundación de Deportes abre o prazo de presentación de candidaturas ao Premio de Mellor Deportista Local

A Fundación Municipal de Deportes de Vilagarcía vén de abrir o prazo para a presentación de candidaturas ao Premio do Mellor Deportista Local da tempada 2016/17 ou ano 2017. Poderán formular as súas propostas os clubs, entidades deportivas ou calquera persoa a título individual que o desexe mediante a presentación do formulario cuberto que pode obterse a través do taboleiro desta web ou nas oficinas de Fundación, sitas en Fexdega. O prazo remata o 30 de abril. As bases do certame tamén están dispoñibles no taboleiro da web municipal.
10.04.2018.- O premio ao Mellor Deportista Local do Ano poderá ser outorgado a unha persoa ou ao Equipo, Adestrador, Técnicos, Preparadores ou Árbitros que pola súa traxectoria se distinguiran na súa categoría no último ano ou temporada. Segundo se establece nas bases que están penduradas no taboleiro de anuncios da web municipal, terase en conta a aqueles candidatos que acadaron unha excepcional actuación, merecente de ser salientada pola súa importancia e que ó longo do ano se distinguiran pola súa dedicación ao deporte. Ademais, valorarase a deportividade amosada polos aspirantes ao longo do ano.

Ademais dos deportistas naturais de Vilagarcía, tamén poderán ser propostos como candidatos aqueles/as deportistas que, sen selo, residan no ou estean federados en clubs do municipio, polo menos, dende os últimos 5 anos.

Así mesmo poderase conceder mencións especiais nos apartados de Directivos/Colaboradores; Adestradores/Monitor/Árbitro; Traxectoria Deportiva, Institucións/Empresas e a Xornalistas/Medios de Comunicación.

Cada candidatura deberá acompañarse dunha exposición de motivos ou méritos polos que se considera que o aspirante proposto é merecedor do premio. Pechado o prazo de presentación, un xurado independente elixirá aos finalistas, entre os que finalmente se elixirá ao vencedor.

O nome do Mellor Deportista do Ano e as demais distincións previstas nas bases faranse públicos e entregaranse no transcurso da Festa do Deporte.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -