_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A firma Alfonso Botana S.L. faise co contrato para continuar cos traballos de revisión PXOM

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilagarcía deberá chegar ao trámite da aprobación inicial no prazo máximo de 12 meses a contar dende que se concrete a firma do novo contrato que a Xunta de Goberno Local acordou hoxe adxudicar á firma Alfonso Botana S.L. por importe de 68.909 euros. Con este trámite resólvese o problema xerado tras a renuncia da anterior adxudicataria, Eptisa, e desbloquéase o proceso para poder continuar coa revisión do planeamento dende o punto no que ésta o deixara. Porén, a primeira labor do equipo de Botana será recompilar e remitir á Xunta a información complementaria que tiña requirido para poder continuar a tramitación na administración autonómica.
09.04.2018.- O Concello licitou o contrato polo procedemento de negociado sen publicidade e invitou a tres empresas a participar no concurso para continuar coa redacción do PXOM. Concluídos os prazos legais, a firma de Botana foi a única que formalizou oferta, polo que, unha vez avaliada polos servizos técnicos e xurídicos que comprobaron que reunía os requisitos, esta mañá procedeuse á adxudicación do contrato. A oferta de Botana rebaixou en 3.691 euros o prezo de licitación que era de 72.600 euros.

Despois da demora que supuxo a renuncia de Eptisa tras ser adquirida por unha internacional chinesa que se desprendeu da sección de planeamento, a pretensión do goberno local é que os traballos que agora se retoman se desenvolven coa maior premura. O prazo máximo dado para completar os trámites ata que o documento estea listo para a súa aprobación inicial é de 12 meses, aínda que se pide á adxudicataria a máxima celeridade posible para tratar de acurtalos na medida do posible.

VENTAXA DO COÑECEMENTO PREVIO

O aspecto positivo neste sentido é que Botana formaba parte do equipo de Eptisa que estaba a levar a cabo a revisión do PXOM de Vilagarcía dende o ano 2008, polo que o coñecemento previo dos traballos realizados neses anos, así como do estado da tramitación permitirá avanzar con maior velocidade da que o faría alguén que tivera que poñerse ao tanto da situación e comezar dende cero. Ademais, Botana é un bo coñecedor da realidade municipal de Vilagarcía ao ter traballado con tres Corporacións e gobernos diferentes ao longo deste tempo.

UN PASO POSITIVO PARA VILAGARCÍA

Para o goberno local, o trámite que se ven de completar hoxe coa adxudicación deste contrato supón un paso moi importante para Vilagarcía, posto que despexa o futuro en canto á continuación da revisión do Plan, que tras o revés da renuncia de Eptisa, xa poderá continuar avanzando a un ritmo normal. O executivo lembra que contar cun ordenamento urbanístico adaptado ás necesidades e características da Vilagarcía do século XXI é esencial para o progreso e o desenvolvemento ordenado e sostible do noso territorio e que, continuar demorando o proceso resultaría moi lesivo para o interese xeral dos vilagarciáns.

O contrato ten como obxectivo completar a fase de aprobación inicial do documento, polo que nel inclúense a realización de todos os traballos e informes necesarios para acadar esta primeira meta. A continuación abriríase o prazo de exposición ao público e habería que sacar a contratación os traballos da última fase de tramitación do PXOM que incluiría a información e resolución de alegacións e toda a tramitación posterior tendente á aprobación definitiva e posterior entrada en vigor do Plan.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -