_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello incorporará unha nova bolsa de estacionamento público en Marxión

Continuando coa política de habilitar novas zonas de aparcamento gratuíto para dar servizo á cidade, o Concello de Vilagarcía incorporará en breve unha nova bolsa en Marxión. O goberno local chegou a un acordo coa firma PROMARSA que cederá de xeito gratuíto ao Concello o uso temporal dunha finca na subida de Marxión para ser utilizada como estacionamento público. A propiedade ten unha superficie de 1.378 metros cadrados e sitúase nas inmediacións dos Xardíns Doutro Fleming e o colexio Anexo A Lomba, polo tanto, nun emprazamento perfecto para dar servizo ao centro urbano e con efectos disuasorios para o tráfico.
09.04.2018.- As xestións realizadas pola concelleira de Mobilidade con Promarsa pecháronse hai uns días co acordo que agora deberá recollerse documentalmente no convenio que xa están a redactar os servizos xurídicos do Concello.

De igual xeito que os anteriores convenios asinados para habilitar estacionamentos disuasorios como os do Piñeiriño, Carril ou A Torre, a cesión do uso dos terreos ao Concello é temporal e condicionada a súa utilización como aparcamento público. Como nos anteriores casos, o Concello será o encargado de acondicionar o espazo. A novidade respecto aos anteriores acordos é que, a diferenza destes, nos que o Concello compensaba aos propietarios cunha suma anual similar ao imposto do IBI, PROMARSA fai a cesión completamente de balde, xesto que o goberno local agradece publicamente en nome dos vilagarciáns que son os beneficiarios directos deste acordo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -