_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A proposta para adxudicar a revisión do PXOM abórdase o luns en Xunta de Goberno

O Concello de Vilagarcía concluirá o luns a tramitación que permitirá retomar os traballos de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilagarcía. Completados os prazos e procedementos de contratación establecidos legalmente, a Xunta Local de Goberno aborda o luns a proposta de adxudicación do contrato de servizos para a Realización dos traballos de continuidade da revisión do plan ata súa aprobación probación inicial. Con este último paso sálvase definitivamente o escollo que supuxo a renuncia de Eptisa ao contrato de redacción do Plan tras ser adquirida por unha multinacional chinesa que se desprendeu da sección de planeamento e que deixou a numerosos concellos de Galicia nunha situación similar á de Vilagarcía.
07.04.2018.- Tal como se tiña establecido na reunión mantida a principios de ano cos grupos da Corporación para abordar a situación provocada pola renuncia de Eptisa, a revisión do PXOM retomaranse no punto no que se atopaba, o que supón un importante adianto ao aproveitar todo o traballo realizado pola primeira adxudicataria durante anos, evitando así ter que comezar dende cero, o que retrasaría aínda máis a necesaria consecución do novo ordenamento urbanístico para a cidade.

O contrato que se vai a adxudicar ten como obxectivo completar a fase de aprobación inicial do documento, polo que nel inclúense a realización de todos os traballos e informes necesarios para acadar esta primeira meta.

Chegar a este punto despois da renuncia de Eptisa conlevou un proceso longo, complexo e moi meticuloso que precisou de numerosas consultas e análise de todas as alternativas posibles e viables legalmente, á vez que resultasen o menos lesivas para o interese xeral do Concello e que non atrasasen aínda máis a consecución do necesario PXOM. Un estudo minucioso que levou o seu tempo pero que se completará o luns coa garantía de poder aprobar inicialmente o documento a curto prazo.

En canto ás últimas manifestacións realizadas polo PP en relación a este asunto, o goberno local volve a lembrar que "foi este partido sendo goberno de Vilagarcía o paralizou por completo a redacción do PXOM, perdendo catro valiosos anos que, de terse aproveitado, permitirán que hoxe tivésemos xa aprobado inicialmente o documento e que a renuncia de Eptisa tivese menos repercusión que a que tivo agora".

O executivo socialista engade que "despois do visto no seu mandato, ninguén lle cre ao PP que estea interesado polo PXOM, porque todo o mundo sabe que cando gobernou foi nun tema tabú que non tocaron en 4 anos. O único interese dos populares polo Plan e poder utilizalo como arma política, por iso tratan por todos os medios de obstaculizalo, a sabendas dos graves danos que iso terá para o desenvolvemento de Vilagarcía", conclúen.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -