_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
O orzamento para Axuda no Fogar en 2017 incrementouse un 11% para ampliar a asistencia a 94 usuarios

O Concello de Vilagarcía destinou en 2017 un 10,9% máis de presuposto ao Servizo de Axuda no Fogar para persoas dependentes ou con déficit de autonomía. O custe total da prestación ascendeu a 503.937 euros fronte aos 454.245 do exercicio anterior. Dado que en 2017 rexistráronse 94 usuarios, 2 menos que no período anterior, o incremento do gasto debeuse a que se realizaron 2.834 horas máis de atención aos beneficiarios, sumando un total de 36.681horas de servizo no ano.
06.04.2018.- O departamento de Servizos Sociais que dirixe Tania García Sanmartín destaca a importancia desta ampliación de horas de servizo coa que se da maior cobertura ás necesidades das persoas que precisan deste apoio para a realización de determinadas actividades da súa vida cotiá. O ano pasado beneficiáronse do SAF 94 persoas, das cales 66 foron mulleres e 28 homes.

O Servizo de Axuda no Fogar é un dos programas máis importantes dos Servizos Sociais. A través del, persoal cualificado acude ao domicilio dos usuarios a asistilos nas tarefas que estean indicadas e durante as horas semanais tamén asignadas en función das necesidades de cada caso. Así, realízanse atencións de carácter persoal na realización de actividades básicas, como asistencia para levantarse e deitarse, apoio a hixiene persoal, control do réxime alimentario e, se é preciso, axuda para alimentarse, supervisión das rutinas de administración de medicamentos ou apoio para cambios posturais e mobilizacións a persoas encamadas. Tamén se prestan atencións na realización de actividades da vida cotiá como acompañamento fóra do fogar para acudir ao médico e apoio na realización de xestións necesarias e urxentes.

Tamén se realizan atencións para cubrir necesidades de carácter doméstico que moitas persoas están incapacitadas para realizar por elas mesmas, como a limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda, preparación de alimentos e coidados básicos da vivenda e mesmo compra de alimentos e outros produtos de uso común, xa sexa acompañando ao usuario ou facéndoo directamente o propio auxiliar.

SUBEN OS USUARIOS POR LIBRE CONCORRENCIA E BAIXAN OS DE DEPENDENCIA

O Concello de Vilagarcía presta o SAF en dúas modalidades. A primeira para persoas en situación de dependencia valorada segundo a Lei de Dependencia, e a segunda a de acceso por libre concorrencia, que presta o Concello directamente para aqueles casos que non entren no primeiro apartado pero que, segundo os informes dos Servizos Sociais Municipais, precisen desta prestación.

Os usuarios do SAF por dependencia foron o pasado 76 (53 mulleres e 23 homes) mentres que por libre concorrencia o Concello prestou o servizo a 18 persoas (13 mulleres e 5 homes). Compre salientar que, mentres o número de usuarios valorados pola Xunta como dependentes baixou respecto o ano 2016 en 7 persoas, o Concello dou de alta a 5 persoas máis na modalidade de libre concorrencia.

EFECTO INDIRECTO NA CREACIÓN DE EMPREGO

O Concello de Vilagarcía presta o Servizo de Axuda no Fogar a través de xestión indirecta e mediante o sistema de concesión administrativa. Dende novembro de 2016, a empresa Ferrovial é a concesionaria.

Como xa se dixo, o ano pasado prestáronse 36.681 horas de Axuda no Fogar. Delas, 4.298 corresponderon a atencións realizadas en días festivos.

Ademais dos beneficios que para os 94 usuarios tivo o aumento das 2.834 horas de servizo, a medida tamén tivo unha repercusión positiva en materia de emprego, posto que, para poder atender as novas necesidades, a concesionaria tivo que contratar a 8 auxiliares máis de axuda no fogar, contando en 2017 cun total de 42 profesionais destinados ao SAF de Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -