_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Once empresas optan á obra de humanización e mellora da accesibilidade das travesías de Alejandro Cerecedo

Un total de once empresas presentaron ofertas para executar as obras de humanización e mellora da accesibilidade das travesías da rúa Alejandro Cerecedo promovidas polo Concello. O proxecto, que sae cun prezo de licitación de 99.999 euros, ten como obxectivo principal resolver os problemas que para a mobilidade dos peóns presentan actualmente estas dúas vías, con beirarrúas moi estreitas e desniveladas, con bordillos moi elevados e con continuos saltos que obrigan a baixar á calzada. Non obstante, a obra aproveitarase para mellorar a estética das dúas travesías e para renovar as redes de saneamento.
05.04.2018.- Unha vez pechado o prazo de presentación de ofertas, a mesa de Contratación deberá comprobar que reúnen os requisitos e, posteriormente, os servizos técnicos terán que avaliar e informar cada proposta antes de proceder a adxudicación do contrato.

A actuación proxectada pola Área de Urbanismo das travesías de Alejandro Cerecedo enmárcase no plan de mellora da accesibilidade urbana que se está a desenvolver en Vilagarcía.

No caso concreto destas dúas travesías, a actuación faise necesaria ao tratarse de zonas estratéxicas entre o parque da Xunqueira e zona monumental de Vista Alegre, coas rúas peonalizadas do centro urbano: Arcebispo Andrade e Praza de España. Trátase pois dunha zona de tránsito que, unha vez realizadas as obras, integrarase á perfección entre ambas zonas, dando continuidade a un entorno de predominio peonil e completamente accesíbel.

O proxecto consiste na substitución completa dos pavimentos actuais de beirarrúas e rúa, optando por amplas zonas continuadas nas que se eliminan os cambios bruscos de rasante existentes na actualidade para garantir a completa accesibilidade dos peóns. O material que se propón é o formigón ao que se lle aplicarán recursos estéticos como a disposición de cortes ou xuntas de dilatación ou a combinación de diferentes texturas e tinguidos.

O levantamento do firme actual aproveitarase para revisar e renovar as redes de saneamento (augas residuais e recollida de pluviais), un aspecto ao que o goberno local presta especial atención en todas a sobras que está a levar a cabo. Tamén se prevén canalizacións soterradas dos servizos de electricidade e telecomunicacións.

A actuación completarase coa instalación de mobiliario urbano: bancos, iluminación led e a plantación de árbores e plantas ornamentais coa finalidade de aliviar o espazo construído e mellorar a relación coas zonas do contorno (parque Xunqueira e Praza de España).

A obra, que ten un prazo de execución de tres meses, financiarase con fondos propios do Concello.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -