_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O parque municipal de maquinaria ampliarase cun camión desatascador e unha máquina de limpeza a alta presión

O Concello de Vilagarcía continuará este ano renovando e ampliando o seu parque móbil e de maquinaria co obxectivo de mellorar a calidade da prestación dos servizos municipais. Despois das adquisicións realizadas en 2017, este ano está previsto mercar un camión desatascador para o mantemento da rede de sumidoiros e unha máquina de limpeza con auga a alta presión. A compra financiarase con fondos provinciais e unha achega municipal.
03.04.2018.- A Xunta Local de Goberno acordou na reunión desta semana solicitar á Deputación unha axuda de 30.000 euros para a compra da máquina limpadora a presión e outra de 105.000 euros para o camión desatascador. Para a compra deste último, o Concello aportará 55.000 euros de fondos propios.

O camión para a limpeza e mantemento da rede de sumidoiros estará dotado de equipo aspirador-impulsor que permita introducir a maquinaria polas conducións do saneamento e eliminar dela os restos ou residuos que puideran obstruílas ou taponalas. Actualmente, o servizo de mantemento da rede de sumidoiros está contratado a unha empresa externa polo que, coa adquisición do camión, os traballos pasaría a realizalos directamente o Concello que, loxicamente disporía a diario do vehículo para levar a cabo tarefas cotiás máis as imprevistas e urxentes que se puideran producir.

Por outra banda, a máquina de auga a presión destinarase á limpeza de espazos públicos, prazas, vías e mobiliario urbano. Este equipo facilitará as labores de limpeza ao traballar con auga quente a alta presión, co que permitirá retirar a sucidade máis resistente e incluso os chicles que quedan pegados ao chan. Amén se poderá utilizar para eliminar as malas herbas que medran entre baldosas ou a beirarrúa e as calzadas. Ao funcionar con auga quente a presión, este sistema resulta máis duradeiro que arrancar a man ou cortar as herbas e totalmente ecolóxico ao non precisar do uso de herbicidas.

Os investimentos previstos para este ano veñen a implementar os realizados o ano pasado neste mesmo plan de modernización e ampliación do parque móbil e de maquinaria co obxecto de mellorar as condicións de traballo dos operarios, axilizar as labores, prestar un mellor servizo á cidadanía e atender novas necesidades que van xurdindo.

Dous vehículos e seis máquinas o ano pasado

Con cargo aos fondos provinciais, en 2017 o Concello investiu 173.860 na dotación de ferramentas mecanizadas e vehículos para Medio Ambiente, Xardíns, Alumeado, Cemiterios, Obras e Vías Públicas. Comprouse un vehículo pick-up con plataforma elevadora destinado ao servizo de Alumeado, unha máquina porta féretros para o servizo de Cemiterios, unha mini pala cargadora con cucharón e varredora para as labores de corta e recollida de maleza dos camiños e vías municipais que leva a cabo o departamento de Medio Ambiente, unha máquina trituradora de ramas e restos de podas e, para o Servizo de Obras e Vías, unha máquina para o pintado da sinalización horizontal das rúas e unha cisterna de rego de emulsión asfáltica.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -