_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Maquetas móbiles, audiovisuais, vagonetas e ata locomotora entre as posibles doazóns para o MUFEVI

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o concelleiro de Turismo, Juan Antonio Pérez, reuníronse esta mañá co responsable e técnicos do Museo do Ferrocarril de Madrid co obxecto de avanzar a colaboración desta entidade na ampliación de contidos do museo de Vilagarcía, que o executivo local pretende potenciar. A visita serviu para ver os fondos que o centro madrileño estaría en disposición de ceder, entre os que se atopan materiais de diversa índole e dimensións: dende audiovisuais a maquetas, pasando por maquinaria ferroviaria.
22.03.2018.- Agora o Concello deberá avaliar os elementos que mellor se adapten ao proxecto museístico do centro situado na antiga estación de Carril, así como ás dimensións dos espazos dispoñibles e os custes de traslado do material dende Madrid. A decisión final dependerá da suma destes tres factores.

O alcalde e o concelleiro entrevistáronse co director do museo madrileño, Carlos Abellán en resposta á invitación que este lles fixo hai unhas semanas durante a súa visita ao Mufevi para ir concretando a colaboración da súa entidade.

Debido a súa relación directa con Adif e Renfe, o museo madrileño dispón dun fondo importante de elementos moi interesantes e que van dende materiais audiovisuais, maquetas fixas e móbiles e reproducións en miniatura de distintos modelos de trens, ata elementos máis voluminosos como distinto mobiliario das antigas estacións ferroviarias (marquesiñas, bancos, reloxos), pasando por equipamentos como os depósitos de auga dos que repostaban ás maquinas de vapor, vagonetas, vagóns e locomotoras, por poñer algúns exemplos. O alcalde explicou que “hai que estudar ben que é o que mellor se podería adaptar ao noso museo, tanto polo propio contido, como polas dimensións, porque aquí teñen elementos impresionantes pero de difícil encaixe no Mufevi, como un conxunto de locomotora de vapor con vagón que supera os 20 metros de largo”. Ademais, hai outros obxectos que precisarían dunha restauración previa para ser expostos, o que suporía un gasto engadido que tería que asumir o Concello, polo que hai que avaliar ben todo antes de decidir, e sempre pensando na construción dun fío argumental concreto a definir no proxecto museístico. Varela aclarou que “non é cuestión de almacenar pezas sen máis, hai que darlle un sentido a todo o que expoñamos no Mufevi”.

Exercer de maquinistas da primixenia liña Carril-Santiago

Neste punto e para resaltar o dato histórico de contar coa primeira liña ferroviaria de Galicia, no encontro tamén se falou da posibilidade de instalar un simulador virtual que recree o traxecto dese primeiro camiño de ferro entre Santiago e Carril. Este sería un importante atractivo para o público en xeral, e máis en concreto para o infantil, que podería exercer de maquinistas e conducir virtualmente a locomotora de vaor que facía o percorrido.

A máis curto prazo e mentres non se concretan estes estudos, a colaboración do Museo Nacional do Ferrocarril co Mufevi podería comezar con exposicións itinerantes e contidos audiovisuais que vaian renovando e aumentando os atractivos do museo carrilexo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -