_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
As análises da auga do colexio do Carril dá valores de ferro que superan o dobre do legalmente permitido

As análises do colexio do Carril demostran que a auga contén valores de ferro que superan o dobre do legalmente permitido e, polo tanto, a que sae polas billas dos servizos do centro educativo "non son aptas" para o consumo. As análises foron realizadas polos propios servizos de Saúde da Xunta de Galicia, baseándose en mostras tomadas en febreiro e marzo. Os resultados foron remitidos ao Concello vía fax o venres pola tarde –a de febreiro- e hoxe pola mañá- a de marzo-.
20.03.2018. Hoxe, o alcalde xa se puxo en contacto coa asociación de país e nais para trasladarlle eses datos e, ao tempo, comunicarlle os pasos a seguir. Por unha banda, garantir que a comunidade escolar seguirá recibindo auga embotellada entretanto non se acada unha solución, e, por outra, reiterar –como xa se fixo esta mañá por vía telefónica- a petición dunha entrevista urxente do alcalde co conselleiro de Educación, con que xa falara do asunto hai uns días. Ao final da mañá, o delegado da Xunta na provincia, Xosé Manuel Cores Tourís, chamou ao alcalde para indicarlle que as obras de mellora do colexio carrilexo terán carácter "prioritario e urxente". A media tarde, o propio conselleiro confirmou este aspecto ao alcalde.

Cando a norma di que os valores máximos permitidos son 600 microgramos de ferro por litro de auga, neste caso estamos a falar de 1.293 nunha análise e de 1.440 noutra, o que supón máis do dobre do permitido, co engadido de que tal cantidade de ferro bloquea a acción do cloro, de aí que as análises certifiquen a "ausencia de desinfectante residual".

O goberno local xa se lle indicou á Consellería de Educación, trala denuncia da comunidade educativa e da consecuente inspección ao centro dos técnicos municipais, que non se trata dunha cuestión de mero mantemento do colexio, senón que é necesaria unha reposición total do sistema de fontanería nun centro no que, neste aspecto, non se fixo ningunha actuación dende a súa construción, hai máis de trinta anos. O goberno local xa demostrou ao longo deste mandato a súa disposición a colaborar con Educación, é o caso do pavillón de Rubiáns ou o comedor do Piñeiriño, pero neste caso o problema de fondo é outro.

Neste sentido, Alberto Varela confía en que a Consellería, á vista do manifestado hoxe polo delegado territorial, concrete nos vindeiros días a solución que se vai dar a este problema, posto que, como queda dito, non se trata dunha mera cuestión de mantemento dun colexio, senón dun problema de saúde pública.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -