_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Varela escenificará no Parlamento o rexeitamento do Salnés á Reforma da Lei de Saúde que se debate mañá

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, desprazarase mañá a Santiago para asistir ao debate da conflitiva Reforma da Lei de Saúde promovida polo PP e que prevé a desaparición da área sanitaria do Salnés para pasar a integrarse na de Pontevedra. Varela formará parte da delegación de alcaldes dos municipios das catro áreas sanitarias de Galicia que perden categoría (O Salnés, Lemos, A Mariña e Valdeorras) que acode ao Parlamento para escenificar o rexeitamento á medida que pretende sacar adiante o goberno da Xunta de Galicia pese á elevada contestación social.
19.03.2018.- A presenza dos alcaldes das catro áreas sanitarias en San Cateano non é a única das accións convocadas polos colectivos que se opoñen aos novos recortes na sanidade pública que agocha esta reforma da lei. De feito, o consistorio de Vilagarcía acolle mañá o peche convocado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés para demandar o mantemento das áreas sanitarias. O encerro público terá lugar no Salón de Plenos entre as 9 e as 15 horas e con el porase fin á rolda de actos similares celebrados anteriormente noutros municipios da comarca. Ademais, mañá tamén haberá unha concentración na Praza de Ravella ás 12 do mediodía.

O goberno local de Vilagarcía considera que o goberno do PP na Xunta debe paralizar a tramitación dunha reforma que resultará moi lesiva para todos os galegos, xa que incide nos recortes á sanidade pública, e de xeito concreto para os vilagarciáns e o resto dos veciños da comarca, xa que prevé “converter ao Hospital do Salnés nun mero ambulatorio”.

Os colectivos que se opoñen a esta reforma advirten que ao perder a entidade de área sanitaria e pasar a converterse en distrito, o Hospital do Salnés será degradado, seguirá perdendo servizos e obrigará aos veciños da comarca a ter que desprazarse a Pontevedra para ser atendido por especialistas ou mesmo para realizar probas que ata agora se estaban facendo aquí. “Esta reforma o único que conseguirá é crear cidadáns de primeira, os que vivan onde se hai un Hospital de referencia, e de segunda, que seremos todos os demais”, puntualizan.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -