_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno presenta un orzamento de 27.435.573 euros marcado pola acción social e a eficiencia económica

O alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Facenda, Luz Abalo presentaron o proxecto dos orzamentos municipais para 2018 que se someterá a pleno o venres, 23 de marzo. O presuposto consolidado alcanza este ano os 27.435.573,10 euros, un 1,37% máis que en 2017. Trátase do primeiro orzamento non suxeito ao Plan de Axuste, mais segue tendo como obxectivo a estabilidade presupostaria, “sendo prudente no gasto e realista na previsión de ingresos”, segundo apuntou Abalo. Ademais, mantén as liñas de e goberno do executivo socialista de incidir na acción social e atender as necesidades de investimentos da cidade.
16.03.2018.- O orzamento para 2018 conta co aval dos informes de Intervención e Tesourería, que garanten que o documento respecta os principios de equilibrio, regra do gasto e suficiencia financeira. É dicir, cumpre coas esixencias do Ministerio de Facenda. E todo, tendo en conta que inclúe a subscrición dunha operación de préstamo por importe de 1.130.000 euros para poder atender os investimentos que se consideran necesarios. Incluíndo este préstamo, o nivel de endebedamento do Concello quedaría no 33.18%, moi lonxe do límite do 110% que permite o Estado.

O incremento do 1,3% no orzamento deste ano débese principalmente ao aumento nos capítulos 1 e 7. O Capítulo 1, Gastos de Persoal, elévase polo incremento salarial do 1% aprobado nos orzamentos do Estado en 2017, polo proceso de promoción interna e polas achegas a planes e obradoiros de emprego, o que evidencia o forte compromiso do goberno co fomento do emprego e co persoal municipal.

O Capítulo 7, Transferencias de Capital, componse das aportacións municipais a entidades para investimentos sen contraprestación por parte do receptor. É aquí onde se demostra o carácter social que o goberno quere imprimir a os orzamentos incluíndo medidas como a creación dunha nova liña de axudas para obras de accesibilidade no pequeno comercio (30.000 euros), unha Subvención a Con Eles (40.000 euros) para a creación dunha residencia ou a bolsa das axudas de emerxencia para gastos de hipoteca (30.000 euros).

No Capítulo 2 de Gastos en Bens e Servizos recóllense os contratos máis importantes do Concello como a recollida de lixo, a limpeza de rúas, limpeza de instalacións municipais, seguros… Neste apartado, o gasto increméntase un 3,35%. As principais partidas son as destinadas as Escolas Infantís (incluída a partida para contribuír á posta en marcha da de Vilaxoán), ao novo programa do Conservatorio, ClasClas, a gasto de enerxía eléctrica e alumbrado, Servizo de Axuda Domicilio, Acción social, publicacións, Vaibús, Plan de Seguridade e prevención, Asistencia Técnica da Memoria histórica, Vestiario, ás ludotecas e programas de conciliación e ás áreas de Xuventude e Fomento do Emprego.
Os gastos financieros, capítulo 3, redúcense un 42% debido ás amortizacións anticipadas e ás operacións de refinanciamento de exercicios precedentes.

O capítulo, 4 de transferencias correntes é no que queda patente o compromiso do goberno de Varela coas políticas sociais. Aquí recóllense as partidas para as Axudas de Emerxencia Social, que volven a sumar unha bolsa de 90.000 euros axudar ao pago do IBI; para as Axudas á Lactancia e para o servizo de Protección Civil. Cómpre destacar o incremento de fondos para a Fundación de Deportes, para VaiBus ao Hospital (+15.000), para as comunidades de montes (+15.000), as axudas para estudantes, á Protectora de Animais e a premios dentro da liña do Fomento do Emprego (9.000).

Como xa se dixo, o capítulo 6 de inversións estará dotado cos 1.130.000 euros do préstamo. As principais actuacións a financiar desde aquí serán en obras de accesibilidade (200.000), restauración do patrimonio histórico e natural (150.000), saneamento (150.000), camiños e mantemento do medio rural (102.000), seguridade (67.000) e para continuar co desenvolvemento dos plans de acondicionamento dos centros socio culturais (115.000) e de parques infantís (50.000). Tamén se reserva a partida de algo máis de 200.000 euros para o pago da sentencia de Porto Rey.

En calquera caso, o alcalde advertiu que tanto en accesibilidade, como en saneamento, os investimentos son maiores que os que suman estas partidas, posto que todas a sobras que realiza o Concello a través doutros programas (Plan da deputación ou fondos FEDER) inclúen mellora de accesibilidade e renovación das redes de saneamento, como por exemplo as humanizacións Praza de Galicia e Independencia ou mellora de Matosinhos por citar algúns exemplos.

Polo que respecta aos ingresos, estes increméntanse tamén un 1,37%, debido principalmente ás labores de Inspección fiscal que está a levar a cabo o executivo socialista, e que compensan a conxelación de taxas e as sucesivas baixas do tipo impositivo do IBI aprobadas nos últimos tres anos para frear o impacto da subida de valores do catastrazo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -