_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O “ColEborando” regresa esta semana para abordar a faceta educativa dos conflitos na infancia

O programa ColEborando, posto en marcha pola Concellería de Educación, regresa esta semana cunha sesión na que se abordará o papel educativo dos conflitos na infancia. A psicóloga clínica Ángeles Pombo, Técnico Responsable Área de Prevención do S.P.A.D. de Vilagarcía, será a encargada de impartir a sesión que leva por título “Conflitos infantís: Xogo de tronos” e que está dirixida a familias e educadores. A charla terá lugar o mércores, 21 de marzo, ás 20:00 horas na sala de conferencias do Auditorio.
19.03.2018.- A través desta charla, a psicóloga explicará que desde que nacemos, relacionarse significa compartir, coincidir nun espazo físico e coexistir cos membros da nosa familia, cada un coas súas diferentes características, gustos, emocións, intereses, etc. A familia é o primeiro espazo ou grupo social ao que pertence o neno/a e no que aprende a convivir. Polo tanto, a familia desempeña un papel primordial na educación e transmisión de valores, no desenvolvemento xeral (emocional, cognitivo, social) da persoa e na aprendizaxe para vivir na sociedade. Como todo espazo de convivencia xurdirán conflitos, loitas de poder, rivalidades, comparacións, envidia ou celos.

Na súa vida o neno/a ten que enfrontarse desde moi pequeno a diversas situación que supoñen alteracións no seu ambiente e requiren dun período de adaptación, como: primeiro día na gardería ou cole, traslado de domicilio ou colexio, falecemento dun familiar, ausencias dos pais, nacemento dun irmán ou irmá… O obxectivo desta charla é abordar este tipo de conflitos inevitables que os nenos/as teñen que afrontar e aprender a solucionar, aprendizaxe que resulta positivo posto que os conflitos formarán parte da vida cotiá na súa idade adulta.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -