_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Xuventude organiza un curso gratuíto de Decoración de eventos culturais

No marco do plan de accións formativas que leva a cabo a Concellería de Xuventude, no mes de abril levarase a cabo un curso de Decoración de eventos culturais destinado a persoas de 18 a 35 anos. Con esta actividade, o departamento que dirixe Sonia Outón pretende continuar ofrecendo á mocidade distintas alternativas que, ademais de ocupar o seu tempo libre, contribúan a ampliar a súa formación de cara a mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.
19.03.2018.- O curso desenvolverase do 9 ao 20 de abril no Auditorio Municipal completando un total de 24 horas lectivas. Terá unha parte teórica e outra práctica a realizar durante a montaxe da Mostra de Literatura Infantil e Xuvenil “Lectoriño”. A formación será impartida pola Academia Elisa e disponse de 15 prazas con preferencia para as persoas que dispoñan do título de monitor de tempo libre. O prazo de inscrición vai do 21 de marzo ao 3 de abril.

Con este curso continúase ampliando a formación dos xóvenes que anteriormente obtiveron o título de monitor de tempo libre. Coa práctica e a aplicación de técnicas e estratexias de xestión e decoración dos eventos culturais, preténdese, se xeito xeral, que os monitores aprendan a proxectar eventos culturais, a publicitalos e difundilos, a planificar os espazos, as rutas de circulación, así como as distintas técnicas de construción de elementos decorativos.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -