_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello adhírese ao Sistema de Centros Asociados da Fundación dos Ferrocarrís Españois

A Xunta de Goberno Local acordou na reunión desta mañá adherirse ao Sistema de Centros Asociados da Fundación dos Ferrocarrís Españois co obxecto de articular as futuras liñas de colaboración entre ambas entidades de cara á ampliación de contidos no Museo do Ferrocarril de Vilagarcía e á promoción da relación histórica entre o noso municipio e tren. A adhesión como centro asociado permitirá a Vilagarcía acceder ao Programa de Posta en Valor do Patrimonio Histórico Cultural Ferroviario que leva a cabo esta Fundación.
12.03.2018.- O paso dado hoxe permitirá axilizar a última liña de colaboración aberta entre o Concello e a FFE, e que se materializará coa cesión, por parte da Fundación, dalgún material do seu fondo para ser exposto no MUFEVI, emprazado na antiga estación de Carril. Precisamente, en resposta á invitación que o director do Museo Nacional Ferroviario fixo na súa visita a Vilagarcía hai unhas semanas, o alcalde Alberto Varela visitará proximamente Madrid para coñecer os fondos que a Fundación estaría en disposición de ceder para o MUFEVI.

Independentemente desta liña, a condición de centro asociado permitirá a Vilagarcía establecer outras liñas de colaboración coa FFE tendentes a preservar e difundir a memoria ferroviaria do municipio, así como a vinculación da súa poboación á primeira liña de ferrocarril en Galicia -a de Santiago de Compostela-Carril- e a faceta da formación de ferroviarios a través do Instituto de Bamio.

Ademais, a Fundación poderá aportar asesoramento, apoio técnico, información ou material, así como publicidade e os demais elementos que terán que quedar definidos a trave´s de convenios específicos e sen que medie contraprestación económica algunha.


A relación do Concello de Vilagarcía e a FFE estableceuse hai case dous anos a raíz da iniciativa do goberno que preside Alberto Varela de aproveitar o trazado en desuso da antiga liña do ferrocarril entre Vilagarcía e Portas para crear a primeira Vía Verde de Galicia. Xa con motivo desta iniciativa, a Fundación colaborou cos concellos de Vilagarcía, Caldas e Portas -polos que discorrerá a Vía Verde¬- na realización dos estudos e a redacción do proxecto que está a piques de poñerse en marcha. De feito, os rexedores dos tres municipios estiveron o venres coa directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia concretando o procedemento legal a seguir para articular a colaboración de financiamento do proxecto entre os municipios, a Xunta e a Deputación e o mecanismo de licitación das obras.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -