_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Os alcaldes concretan en Santiago os trámites para a execución da Vía Verde

Os alcaldes de Vilagarcía, Caldas e Portas desprazáronse onte a Santiago para concretar coa Xunta o procedemento legal a seguir de cara á execución da Vía Verde do Salnés que discorre por territorio dos tres municipios. Como se sabe, Xunta e Deputación comprometeron a súa colaboración para financiar a que será a primeira Vía Verde integramente galega, unha colaboración moi positiva pero que, por implicar a cinco administracións, prolonga un pouco máis a tramitación. Para concretar este aspecto, os tres rexedores entrevistáronse coa directora xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia.
10.03.2018.- Para articular a concesión das axudas para financiar o proxecto, os concellos deberán asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e outro coa Deputación provincial de Pontevedra. Segundo a secretaria xeral explicou aos rexedores, a Consellería de Medio Ambiente pretende financiar a súa parte da Vía Verde do Salnés a través dos Fondos Feder. Para xustificar a subvención ante os organismos europeos, a Xunta debe licitar directa e individualmente a parte da obra que financiará. O resto da obra podería licitala nun todo a Deputación de Pontevedra.

Estes serían os únicos trámites que quedarían para poder iniciar a obra para o cal disponse hai meses do proxecto proxecto elaborado pola Fundación de Ferrocarrís Españois para a creación da senda de uso peonil e ciclista aproveitando o trazado ferroviario en desuso entre estas tres localidades.A execución do proxecto ascende a 565.533 euros que se financiarán entre os concenllos, a Xunta e a Deputación.

A Vía Verde do Salnés terá una lonxitude de 9,195 quilómetros partindo de Abelle (Rubiáns), pasando por Caldas e rematando na estación de Portas, nas inmediacións da vella azucareira. O trazado repártese entre os 1.795 metros que discorren polo termo municipal de Vilagarcía, os 4.917 de Caldas de Reis e os 2.483 de Portas. Ao longo do seu percorrido destacan varios lugares e puntos de interese, como o Pazo de Rubiáns, o antigo apeadeiro de Ande, a ponte metálica sobre o Umia ( que se recuperan con estre proxecto) ou a Azucareira de Portas; ademais do atractivo etnográfico e natural co que conta, con exemplos da arquitectura popular típica do rural galego, os minifundios ou o bosque autóctono. Para gozar destes atractivos o proxecto prevé a creación de 3 áreas de descanso e 2 miradoiros.

Ademais de acondicionar a senda en si, o proxecto inclúe a sinalización homologada das Sendas Verde de España, paneis informativos ao inicio final e nos distintos puntos de acceso intermedio; así como con mobiliario, como bancos, papeleiras...
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2018  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2018. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -