_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello realizará unha auditoría enerxética na piscina municipal na procura da eficiencia e aforro de custes

A Xunta de Goberno Local acordou esta semana contratar unha auditoría enerxética para as instalación da piscina municipal de Fontecarmoa. A realización do estudo adxudicouse á empresa Eurocontrol S.A. por importe de 1.845 euros e o obxectivo da mesma e analizar a situación actual dos sistemas eléctricos da instalación, en concreto a maquinaria que se encarga de manter a temperatura da auga e da dos sistemas de purificación e funcionamento dos demais equipos, e determinar as actuacións a realizar para mellorar os índices de eficiencia enerxética e reducir o gasto por consumo.
07.03.2018.- A auditoría realízase tendo en conta que a piscina municipal construíuse hai 25 anos e que na actualidade existen sistemas máis modernos e avanzados tecnoloxicamente que permiten sacar maior rendemento enerxético a menor custe. Determinar as obras e actuacións a desenvolver neste senso será o obxectivo final do estudo encargado. Coñecidas as conclusións do mesmo, o Concello planificaría nos seguintes exercicios os investimento a realizar para acometer as melloras. Por suposto, a segunda piscina municipal que se proxecta construír na parcela anexa á actual xa irá dotada de tecnoloxía baseada en criterios de eficiencia enerxética.

Acadar a eficiencia enerxética nas instalacións públicas municipais é un obxectivo no que o Concello de Vilagarcía ven traballando dende hai tempo a través de diversas medidas como a revisión e axuste de potencias da enerxía eléctrica contratada, a substitución de lámpadas convencionais por sistemas led tanto en edificios públicos como no alumeado das rúas, ou o paso de sistemas de calefacción eléctricos ou de gasóleo a outros de biomasa en instalacións como os centros socioculturais, Escola de Música ou Biblioteca.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -